18 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

01.07.2016

O Concello de Foz izou hoxe as 6 bandeiras azuis que logrou este ano para as praias, entre as que destaca a da Rapadoira pois ten esta distinción desde hai trinta anos.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [38 Voto/s]

Foz, 1 de xullo de 2016.- O Concello de Foz procedeu hoxe ao izado das bandeiras azuis nas seis praias do municipio que contan con esta distinción este ano. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, asistían ao acto celebrado na mañá de hoxe na praia da Rapadoira.

O rexedor focense, Javier Jorge Castiñeira, manifestou que “comezando o mes de xullo tamén empezamos o servizo de salvamento e socorrismo nas praias, especialmente nas que teñen bandeira azul. Hoxe a delegada da Xunta de Galicia, Raquel Arias, achegouse a Foz para facer promoción desa campaña que financia a Xunta de Galicia”.

Javier Castiñeira engadiu que “a verdade é que agradecemos ese compromiso, pois máis de 15 socorristas financiados pola Xunta de Galicia inician este servizo en Foz e ademais pola colaboración coa agrupación de Protección Civil, que suma 10 auxiliares a esta campaña, serán máis de 25 persoas as que estean vixiando as praias de Foz, con 3 lanchas pneumáticas e varios vehículos todoterreo, efectivos que serán coordinados por persoal do Concello”.

O alcalde subliñou que “comeza unha época estival importante, na que temos posta moita ilusión. Empeza tamén a época estival co izado das bandeiras azuis nas seis praias con este galardón que ten o concello de Foz, pero especialmente na da Rapadoira que conta este ano cunha bandeira azul diferente ás demais, conmemorativa dos trinta anos que leva de forma ininterrompida con este galardón, desde os seus inicios. A Rapadoira é pioneira nesta bandeira de calidade. Todos aqueles que pasen polo seu entorno poderán ver unha bandeira azul diferente, cun número 30, que son os anos que leva seguidos con este galardón. Ademais das bandeiras institucionais e a bandeira azul figurará tamén na Rapadoira a de Q de calidade, que tamén ten esta praia”.

O rexedor focense lembrou tamén que “na Rapadoira empeza o sendeiro que ten tamén bandeira azul e vai ata Llas. E, polo tanto, novamente o Concello de Foz volve ser un referente de calidade turística, de coidado das costas e de servizos nas nosas praias, o cal nos fai sentir moi orgullosos”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz