28 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

01.07.2016

O pleno de Foz aprobou o investimento de 1.100.000 euros procedente do superávit do 2015 grazas aos votos favorables do PP e á abstención do BNG e pese aos pronunciamentos en contra de PSOE e FPF.

Esa cantidade destinarase a asuntos como a mellora do pavillón polideportivo de Marzán e a un inventario de camiños públicos.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [44 Voto/s]

Foz, 1 de xullo de 2016.- O Concello de Foz aprobou no pleno da corporación celebrado onte o investimento de 1.100.000 euros procedente do remanente do pasado exercicio. Destinarase a asuntos como as obras de mellora no pavillón municipal de Marzán e a un inventario de camiños públicos. Este asunto saíu adiante na sesión grazas aos votos favorables dos concelleiros do PP e á abstención do BNG e pese aos pronunciamentos en contra de PSOE e FPF.

O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, salientou que nese pleno “o asunto máis importante era aprobar o gasto de cerca de 1.100.000 euros a cargo do remanente, do superávit do exercicio do 2015.  Estamos contentos porque saíu adiante co voto de calidade do alcalde, grazas tamén á abstención do BNG e a pesar dos votos en contra de Plataforma e o Partido Socialista, que novamente volveron unirse para intentar bloquear asuntos importantes do Concello de Foz, pero neste caso ao faltarlles un concelleiro non foi posible ese bloqueo e saíu adiante esa aprobación de gasto”.

Javier Castiñeira detallou que “isto vainos permitir levar a cabo importantísimos investimentos para o Concello de Foz como é a reforma do pavillón municipal, á que se da crédito con máis de 600.000 euros; vai permitir pagar facturas de exercicios anteriores por máis de 415.000 euros e outras inversións tamén interesantes para Fazouro como é arranxar a pista deportiva de San Salvador”.

O rexedor engadiu que “vainos permitir tamén adaptar ben os postos de traballo da RPT, que a día de hoxe non están correctamente, tal como nos pediron os traballadores; un inventario de camiños públicos e ademais o pago de intereses de demora. Xa se pagaron 350.000 euros, devolvéronse por sentenza xudicial a un solicitante de licencias e agora hai que pagar os intereses de demora, neste caso cerca de 50.000 euros, que tamén van a cargo do remanente”.

Castiñeira asegura que “ao final o pobo sabe quen está remando a favor das cousas importantes do pobo e quen está facendo política doutras épocas, ao claro estilo Unifoz, herdado tanto por Plataforma como por Partido Socialista. Eu entendo que os veciños daranse conta e verase, como está pasando nestas últimas eleccións, como caen os votos precisamente por actitudes como a de onte, de ir en contra de gastos e investimentos positivos para o noso Concello por máis de 1.100.000 euros. Ao Partido Socialista xa lle pasou no seu momento cos orzamentos municipais, que votou en contra, e a Plataforma non fai máis que remar por onde marca o Partido Socialista, un partido que viña a liderar a independencia e os proxectos para Foz e que a día de hoxe está sumido nun maremágnum de incongruencias. Agora súmanse ás Mareas, que fracasaron en Foz nestas últimas eleccións, apoian ao Partido Socialista en todas as súas mocións; e, polo tanto, incongruencia e incoherencia por parte da Plataforma que ao final a levará, como todos sabemos, ao fracaso”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz