12 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

16.06.2016

O Concello de Foz modificará o tráfico en varias rúas próximas á praia da Rapadoira desde mañá, venres, ata o 15 de setembro.

O xefe da Policía Local explica que é necesario porque a vila triplica a poboación durante o verán.

Recomendar Imprimir Atrás

2.7/5 [30 Voto/s]

Foz, 16 de xuño de 2016.- O Concello de Foz modificará o tráfico en varias rúas, fundamentalmente nas máis próximas á praia da Rapadoira desde mañá, venres, ata o 15 de setembro. O xefe da Policía Local, Jesús Amor Prieto, explicou que é necesario facer estes cambios porque a vila triplica a poboación durante o verán.

Prieto comentou que “nosoutros en Foz, a imaxe de calquera outro pobo que rexistra un importante incremento de xente no verán, como Cambados ou Sanxenxo, temos que facer unhas modificacións. Hai un aumento no volume de xente que nos ven visitar, pois triplícase a poboación, xa que podemos pasar de 10.000 habitantes que ten Foz a 30.000 ou incluso máis. Entón unha serie de rúas que está con dobre sentido de circulación hai que cambialas: unha delas é a que está onde temos a perla de Foz, que é a praia da Rapadoira. Aí congrégase unha grande cantidade de xente, sobre todo os fins de semana, e decidimos poñela nun só sentido cara a Burela e con estacionamento en batería; e a rúa Breogán tamén terá un só sentido de circulación. Ademais estamos pendentes de abrir Ollo do Mar, que é unha rúa que está na saída de As Torres cara a Burela e estamos pendentes de poder habilitala. Todo isto permitirá unha maior fluidez no tráfico”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz