17 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

25.05.2016

O alcalde de Foz advirte que o voto contrario á proposta do goberno municipal para a xestión do novo xeriátrico suporía perda de postos de traballo e que moitos dos residentes do actual asilo quedarían sen praza.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [11 Voto/s]

Foz, 25 de maio de 2016.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, mantivo onte unha xuntanza coas traballadoras do asilo, reunión na que participou tamén unha representante do BNG, pois de PSOE e FPF non quixo acudir ninguén. O rexedor explicou que se falou do futuro dos traballadores e dos residentes cando se abra o novo xeriátrico e advirte que o voto en contra á proposta do goberno local para a xestión do novo centro suporía perda de postos de traballo e que moitos dos residentes do actual asilo quedarán sen praza. Este asunto abordarase no pleno da corporación municipal focense que se celebrará o vindeiro luns, día 30.

Javier Castiñeira comentou que “para onte tíñamos prevista unha reunión entre os traballadores do asilo e os representantes dos grupos da corporación municipal. Así se fixo ás oito e media da tarde e asistiron unha representante do BNG, Teresa Rego, e eu mesmo, como alcalde, xuntanza na que estiveron a maior parte das traballadoras do asilo. Escoitamos as súas inquietudes posto que existen dúbidas sobre o seu futuro laboral, pero tamén sobre todos aqueles residentes que a día de hoxe están no asilo de Foz, máis de 35 maiores que teñen agora mesmo o futuro nas mans da corporación. É así porque o próximo luns irá a pleno a xestión do novo xeriátrico de Foz; o goberno propón a única opción que garante a continuidade dos postos de traballo e dos maiores do actual asilo nese novo centro, que nos cedería o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e polo tanto espero que os demais grupos voten favorablemente a esa opción porque votar en contra sería facelo en contra dos postos de traballo que hai actualmente no asilo e tamén en contra da estabilidade emocional dos nosos maiores que a día de hoxe están sendo atendidos no actual centro”.

O alcalde engadiu: “non sabemos porque os representantes de PSOE e de Plataforma non quixeron asistir onte á reunión; quizais porque teñen argumentos ocultos diferentes aos que se manifestaron nas diferentes xuntas de portavoces previas a toda esta situación. Pero eu diríalles que non carguen de demagoxia este asunto, que apoien a petición que fai o goberno para que o Consorcio ceda as instalacións e o equipamento ao Concello e que este faga o propio con Mensajeros de la Paz para que xestione durante 4 anos esas instalacións e así teñamos unha transición normal para que non se perdan postos de traballo nin calidade na atención aos nosos maiores. Polo tanto pídolles sensibilidade e humanidade, porque votar en contra suporía ter que dar despois moitas desculpas. Entón solicítolles valentía apoiando esta proposta que fai o goberno municipal, porque debemos ter en conta que en Foz existe unha situación completamente diferente a calquera outra apertura doutros centros deste tipo noutros lugares, porque en Foz existe un asilo que leva funcionando moitos anos e, dende logo, toda esa xente necesita o noso apoio. Polo tanto o goberno pide sensibilidade aos grupos; espero que isto saia adiante e que a partir de aí poidamos traballar cos técnicos na redacción dunha ordenanza e en analizar como será o modo desa relación entre Mensajeros de la Paz e o Concello para levar adiante a xestión do novo xeriátrico de Foz”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz