22 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

25.05.2016

O alcalde de Foz entregou hoxe o proxecto de reorganización da Avenida da Mariña á conselleira de Medio Ambiente.

Beatriz Mato comprometeu un investimento da Xunta de 500.000 euros para esta obra.

Recomendar Imprimir Atrás

2.4/5 [8 Voto/s]

Foz, 25 de maio de 2016.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, entregou esta mañá en Santiago de Compostela á conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, o proxecto de reorganización da Avenida da Mariña, obra que contará cun investimento de 500.000 euros por parte da Xunta de Galicia.

O rexedor focense explicou que “no día de hoxe vimos de reunirnos coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e podemos avanzar que temos unha moi boa nova para o concello de Foz referente ao proxecto de reorganización e humanización da Avenida da Mariña: será financiado por esta Consellería da Xunta de Galicia, concretamente a cargo do Plan Hurbe, co que conseguiremos un financiamento de máis de 500.000 euros para levar adiante este proxecto”.

Javier Castiñeira engade que “este proxecto está unido ao de reorganización da Avenida Álvaro Cunqueiro, que irá financiado con cargo do remanente do ano pasado da Deputación de Lugo e que está pendente da firma do convenio co presidente do organismo provincial”. O alcalde de Foz salienta que “déramos pasos principais e fundamentais para o financiamento, onde o Concello aprobaba que tiña que facer tamén algún esforzo económico. Pero sen dúbida o groso deste financiamento é das dúas administracións que a levarán, que son a Deputación, por unha parte, e agora acabamos de conseguir o da Xunta de Galicia, concretamente da Consellería de Medio Ambiente”.

Castiñeira móstrase “contento e o agradecido á conselleira Beatriz Mato, que unha vez máis volta estar comprometida cos asuntos importantes do concello de Foz; e tamén, obviamente, ao propio presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, porque é un compromiso que el adquiriu na última reunión que tivemos”.

O rexedor focego conclúe comentado que “vanse conseguindo eses obxectivos e por suposto quero agradecer á ACIA-Centro Comercial Aberto que sigan apoiando desde Foz estes proxectos, porque sen dúbida suporán un cambio fundamental para a nosa actividade comercial e empresarial. Probablemente en poucos meses poidamos ter empezada esta actuación porque o compromiso que hai coa Xunta de Galicia é de iniciar canto antes a licitación das obras, que serán contratadas pola Consellería e polo tanto trataremos de coordinar as dúas fases e seguir avanzando neste tema”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz