23 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

03.05.2016

O Concello de Foz remata a obra de asfaltado do viario que comunica as rúas Río Masma e Atalaia.

Ademais resolveu o problema coa auga que atravesaba unha estrada da Deputación en Mourente (San Martiño).

Recomendar Imprimir Atrás

3.3/5 [4 Voto/s]

Foz, 3 de maio de 2016.- O Concello de Foz rematou a obra de asfaltado no viario que comunica as rúas Río Masma e Atalaia, cerca do campo de fútbol Martínez Otero. Ademais resolveu o problema ocasionado pola auga nunha estrada da Deputación ao seu paso polo lugar de Mourente, na parroquia de San Martiño.

O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, salienta que “no día de hoxe quedan rematadas as obras de pavimentación do viario que vai dende a rúa Río Masma á Atalaia, moi cerca do campo de fútbol Martínez Otero de Foz e próximo tamén da praia, onde o ano pasado se instalaron arredor de 150 prazas de aparcadoiro público, ao negociar co propietario esa cesión”.

O rexedor subliña que “desde que se fixo este aparcadoiro era moita a xente que pasaba por esta vía, que estaba sen rematar ata o día de hoxe. Fíxose ese pavimentado e ensanchouse incluso. É unha vía que queda no centro do núcleo urbano e polo tanto era algo necesario que a xente vai agradecer e moitos dos veciños que viven aquí víñano demandado”.

Javier Castiñeira anunciou tamén hoxe que “unha empresa de obras contratada polo Concello tamén deu solucionado no lugar de Mourente, na parroquia de San Martiño, un problema de augas que atravesaba a estrada da Deputación. Dimos aviso aos técnicos da Deputación para que pasaran a velo, pero quedou practicamente solucionado polo Concello. Era algo que nos reclamaran no pleno a través dunha moción de Foz Plataforma de Futuro. Os técnicos da Deputación quedaron contentos e a colaboración entre o Concello e a Deputación fixo que ese problema estea xa resolto”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz