18 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

26.04.2016

O Concello de Foz mostra as súas condolencias polo falecemento do fundador da Escola Municipal e da Banda de Música focense, Arcadio Mon.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [49 Voto/s]

Foz, 26 de abril de 2016.- O Concello de Foz ven de mostrar as súas condolencias polo falecemento de Arcadio Mon quen fora fundador e director da Escola de Música focense e da Banda Municipal.

O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, manifesta que “no día de hoxe vimos de recibir unha moi mala noticia para Foz e para toda A Mariña, o falecemento de Arcadio Mon. A verdade é que é unha das peores noticias que podíamos recibir”.

O rexedor focense sinala que “antes de nada en nome de toda a corporación, dos compañeiros e traballadores municipais e de todos os veciños de Foz e eu creo que podo falar de todos os veciños da Mariña, mostrar o noso máximo respecto, as nosas condolencias á familia de Arcadio, á sua viúva e os seus dous fillos”.

]

Javier Castiñeira asegura que “o pobo de Foz nunca poderá esquecelo. Hai un antes e un despois de que Arcadio veu afincarse ao noso concello, un antes e un despois no mundo da cultura e da música durante moitos anos. Fundador e director da Escola de Música de Foz, fundador e director da Banda Municipal, membro de moitos grupos, entre eles a Big Band e outras formacións musicais”.

O alcalde focego salienta que era “un músico marabilloso e un autor espléndido. Escoitando o outro día na homenaxe a Manuel María parece que quere a coincidencia que o Día das Letras Galegas ou acercándose a esa xornada dedicada ao seu amigo Manuel María que nos falte Arcadio Mon. Van ser días moi tristes”.

Finalmente Castiñeira conclúe mostrando “as nosas condolencias, a nosa máxima tristeza e moito ánimo para toda a familia e amigos, que tiña moitos. Arcadio Mon, descanse en paz”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz