17 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

18.04.2016

Os concelleiros e concelleiras da Corporación Municipal están convidados polo alcalde á visita, prevista para mañá, ao novo xeriátrico de Foz.

Javier Castiñeira sinala que o obxectivo pasa por decidir nos vindeiros días “o modelo de xestión que queremos para o centro”.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [48 Voto/s]

Foz, 18 de abril 2016.- O alcalde, Javier Castiñeira, convidou a todos os concelleiros e concelleiras da Corporación Municipal e a Mensajeros por la Paz á visita prevista para mañá, martes, ás 20 horas ao novo xeriátrico de Foz. O rexedor explicou que o obxectivo é decidir nos vindeiros días entre todos “o modelo de xestión que queremos para o centro”. O novo xeriátrico está totalmente acabado e equipado. O alcalde considera que sería ideal abrilo o antes posible.

Javier Jorge Castiñeira contou que “para mañá martes, ás oito da tarde, están citados tódolos concelleiros da Corporación Municipal de Foz para visitar as instalacións do xeriátrico novo do noso concello”.

O rexedor focense subliñou que “estas instalacións están totalmente terminadas e equipadas, desde todo o que é o mobiliario ata os propios xogos e ferramentas de traballo e útiles que se van necesitar para dar uso a esta instalación”.

Castiñeira manifestou que “o motivo da visita non é outro que tratar de decidir nos próximos días entre todos qué tipo de xestión queremos para este xeriátrico. Se queremos levar a xestión propia do Consorcio e que o Consorcio sexa o que desde a xerencia contrate eses servizos e sexan uns servizos públicos, pero baixo as normas do propio Consorcio, ou para levar unha transición do que é o actual asilo a un centro público normal e que sexa o Concello durante dous ou catro anos, que é o que se propón, e que Mensajeros por la Paz faga esa transición para que os maiores que hai no asilo non teñan que desprazarse a outros centros e para que o persoal que existe agora mesmo no asilo, esas quince prazas, tampouco sufran baixas”.

O alcalde focense engade que “está invitado ademais de todos os membros da Corporación, tamén o representante de Mensajeros de la Paz, para que vexan as instalacións e tratar de ver un pouco entre todos si se entende que o mellor é esa transición de catro anos ou o obxectivo inicial que é que o Consorcio faga a xestión íntegra do centro e o Concello unicamente estea dedicado ao control do benestar e do bo coidado que teñan os maiores neste centro”.

Finalmente Javier Jorge Castiñeira asegura que “a idea desde logo é que se abra o antes posible”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz