18 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

18.04.2016

O PSOE zozobra nas augas de Gestagua

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [48 Voto/s]

Dende o goberno municipal do Partido Popular quedamos verdadeiramente estupefactos co que estamos escoitando sobre o asunto de Gestagua por parte do Partido Socialista. Agora véndennos a moto de que a solución é a rescisión do contrato de mutuo acordo con Gestagua, algo que nosoutros propuxemos hai 15 días e ao que se opuxeron.

Recoñecen que a empresa se veu beneficiada nos últimos 20 anos porque o Partido Socialista prorrogoulle o contrato tanto da auga como da depuración sen sacar un concurso público. Agora recoñecen que iso estaba mal feito, cando o Partido Popular e o BNG xa lles advertiran naquel momento que iso sería moi negativo para os veciños usuarios da auga do noso concello. ¿Que é o que leva agora ao Partido Socialista a dubidar e a zozobrar? ¿É que os lodos non depurados e a auga están afogando dalgunha forma as decisións que o Partido Socialista leva tomado respecto a este servizo durante os últimos 20 anos? ¿É que agora ese millón de euros que se lle causou de grave prexuízo ao Concello, que vai ter que pagar á empresa polas xestións do Partido Socialista, está facendo que tomen decisións contrarias ás que son razoables? ¿O Partido Socialista estase dando conta de que coas súas decisións está prexudicando gravemente a economía municipal?

A única decisión que nos deixaron, despois de que hai 15 días votaran o contrario do que din agora, lévanos á suba do recibo da auga nun 10 por cento, algo que se se tivera feito o que propoñía o Partido Popular sería progresivo e de acordo ao custe da vida e a suba do IPC, como se fai no resto dos servizos.

O Partido Socialista vese afogado entre as augas de Gestagua, por ter prorrogado 20 anos ese servizo e por non actualizar os prezos, o que segue causando eses danos aos que me refería anteriormente. Agora a débeda que temos con Gestagua é dun millón de euros, polas decisións do PSOE.

Estamos tremendamente abraiados e sinceramente o único que lle pedimos ao PSOE é que enderece o rumbo, que se tranquilice, porque as augas ao final acaban volvendo á súa canle. E polo tanto que non zarandee, porque se lle ve demasiado nervioso cando se fala do asunto da auga e da depuración do noso concello.

En definitiva cremos que o quere o PSOE é crear unha cortina de fume para xustificar novamente no pleno que non se actualicen as taxas, que eles mesmo deron por boas na prórroga que fixeron no ano 2007, ao que se ve obrigado o goberno municipal por non aprobar hai 15 días a resolución amigable do contrato con Gestagua.

Señores socialistas de Foz, miúda faena montaron estes anos por non escoitar ao Partido Popular e buscar rendementos partidistas por diante dos do Concello.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz