17 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

14.04.2016

O alcalde de Foz solicitou á Xunta un enlace co Corredor da Costa para as parroquias do interior do municipio.

Javier Castiñeira reuniuse coa Conselleira de Infraestruturas, que se compremeteu á execución neste ano da terceira fase das beirarrúas de Cangas.

Recomendar Imprimir Atrás

2.8/5 [10 Voto/s]

Foz, 14 de abril 2016.- O Concello de Foz solicita á Xunta de Galicia un enlace co Corredor da Costa para as parroquias do interior do municipio. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, trasladoulle esta petición á Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, con que tamén falou da construción da terceira fase das beirarrúas na estrada LU-162 ao seu paso por Cangas, obra que a Xunta acometerá neste ano.

Javier Jorge Castiñeira asegurou que “tivemos unha reunión frutífera e importante coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, para falar de cousas necesarias no noso concello e quedamos moi contentos das respostas recibidas por parte dela”.

O rexedor focense especificou que “falamos das beirarrúas de Cangas, na LU-162, que é a estrada que vai desde Cangas a Ferreira e na que se fixeron dúas fases de construción de beirarrúas e neste ano, concretamente esta primavera, está comprometido facer outra fase máis de beirarrúas. Son outros 350 metros de beirarrúas e estamos contentos porque é unha zona perigosa e é un compromiso que había cos veciños de Cangas e de Foz”.

Javier Castiñeira engadiu: “ademais comentamos un tema importante para os veciños de Foz e eu creo que de toda A Mariña, especialmente para os pobos do Valadouro, Alfoz e as parroquias interiores de Foz, como poden ser Vilaronte, San Acisclo, San Martiño e Santa Cilla. Pedín que a Xunta de Galicia dende a LU-152, que é a estrada de Foz a Ferreira, pida un enlace co novo corredor que construirá o Ministerio de Fomento, do que está elaborando o proxecto e está bastante avanzado”.

O rexedor focense subliña que “nesa vía non se contemplaba unha incorporación para todos estes veciños o que prexudicaría moito a toda esa parte da comarca que non gozaría do Corredor como calquera outro dos veciños dos concellos polos que discorre. Por iso pedimos que a Xunta de Galicia solicite a Fomento que proxecte unha intersección cun enlace a esa estrada da Xunta, que vai ser moi produtivo non só para o concello de Foz senón tamén para os de Alfoz e O Valadouro. Estamos a falar de cerca de seis ou sete mil veciños, que loxicamente tamén teñen que ver rendementos e comodidades cando se faga esta infraestrutura”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz