17 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

13.04.2016

O Concello de Foz e madeiristas chegaron a un acordo para reparar os danos causados nas vías municipais polas talas de árbores sen que os empresarios teñan que poñer avais previamente.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [84 Voto/s]

Foz, 13 de abril 2016.- O Concello de Foz e madeireiros que traballan no municipio chegaron un acordo para reparar os danos causados nas vías municipais pola tala de árbores, sen que os empresarios teñan que poñer avais previamente. Foi na reunión celebrada onte coa participación do alcalde, Javier Jorge Castiñeira; o primeiro tenente de alcalde, Pedro Fernández Manín; a concelleira socialista Vanina Cabrera; a voceira do BNG, Lorena Seivane, ademais da técnico de Medio Ambiente do Concello e representantes de empresas madeireiras.

O alcalde focense explicou que “ foi unha reunión importante convocada polo propio Concello co obxectivo de tratar de resolver o conflito ocasionado nas vías e camiños municipais, algo que xa se tratou no pleno pasado da corporación, porque existe un malestar por parte dos veciños, moitas veces tamén propietarios, polo estado no que quedan as vías despois das diferentes talas. Despois de dous anos e medio de funcionamento da ordenanza percíbese desde o Concello que se está a volver a condutas pasadas por parte das empresas madeireiras. Houbo unha baixada da intensidade á hora de solicitar os permisos e desa coordinación necesaria co concello; e así se lles comentou aos madeiristas”.

Javier Castiñeira subliñou que “a reunión tivo dúas partes: unha na que Concello e madeiristas mostraron esas discrepancias e na que nosoutros amosamos ese desencanto polo estado no que están as pistas; e os madeiristas queixáronse da falta de flexibilidade que ten a ordenanza, que segundo dixeron, leva a que sexa moi difícil de cumprir, sobre todo no referido aos avais, porque lles supoñen un gasto financeiro elevadísimo, pois teñen que presentalos en todos os concellos nos que estean traballando. Iso limita as súas posibilidades financeiras para facer outro tipo de investimentos na propia empresa e polo tanto quéixanse do que é a solicitude cos avais. Nese senso ao final, despois de que todos formulásemos as nosas discrepancias, chegouse a un acordo importante, que é valorar por parte dos servizos municipais os danos que hai a día de hoxe nas vías que se usaron para facer talas, tratar de facer un convenio entre todos para arranxalas e deixalas o mellor posible durante os próximos meses. Por outro lado imos tratar de buscar un compromiso por parte de tódolos madeiristas de que van facer as solicitudes de talas para que o Concello teña a maior posibilidade de control e, por outro lado, que se fagan cargo desas pequenas reparacións nos viarios”.

O rexedor focense tamén anunciou que “afondaremos tamén durante todo este ano en dúas reunións, unha cada seis meses, e ampliarémolas tamén ás asociacións de propietarios e ás asociacións de veciños para ver como estamos avanzando neste senso e tratar de eliminar esa carga que agora mesmo supón para os madeiristas levar a ordenanza como se debe pola necesidade de presentar avais. Imos dar un marxe de confianza durante un ano e se durante este período este acordo, que propuxeron os madeiristas e que todos entendemos que pode ser interesante con esta confianza que lles imos dar, funciona seguiremos así; e se non loxicamente haberá que aplicar integramente a ordenanza, sexan cales sexan ao final os resultados. Imos tratar de facer o maior seguimento de coordinación entre tódolos afectados e en definitiva o resultado da reunión creo que foi positivo e que mellora novamente as relacións e realza o obxectivo da ordenanza, que non era outro que manter as vías municipais en bo estado e que aqueles que fan os danos sexan os que os reparen”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz