23 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

19.02.2016

A aprobación provisional do PXOM de Foz irá ao pleno da corporación municipal o 3 de marzo para evitar ter que modificalo pola nova Lei do Solo, que entrará en vigor o día 19 dese mes.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [48 Voto/s]

A aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Foz tratarase nun pleno extraordinario da corporación local que se celebrará o 3 de marzo, xoves, para evitar ter que modificar o documento como consecuencia da nova Lei do Solo de Galicia, que entrará en vigor o día 19 do vindeiro mes.

Anunciou o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, quen explicou que “hoxe sae publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) que o 19 de marzo entra en vigor a nova Lei do Solo e polo tanto no que atinxe ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Foz os prazos están practicamente resoltos: decidimos que o día 3 de marzo vaia a un pleno extraordinario a aprobación provisional; e previamente, o 24 de febreiro, teremos as comisións informativas para preparar esa sesión plenaria. Pero durante estes últimos días tivemos moitas reunións de portavoces e concelleiros cos técnicos municipais e cos redactores do PXOM abordando todas as dúbidas e as modificacións que quixeron formular todos os grupos. E a verdade é que teño que felicitar aos portavoces e a todos os demais concelleiros que participaron nestas reunións, porque se fixo un traballo rigoroso e obxectivo para mellorar o documento proposto inicialmente. Estamos contentos porque os tres grupos da oposición (Partido Socialista, Plataforma e o BNG) participaron nese documento que se vai levar á aprobación provisional. Creo que é a forma de traballar para facelo transparente. Tamén temos en conta o labor dos veciños representantes das diferentes parroquias e dos barrios do núcleo urbano, que estiveron varios anos traballando nisto”.

O rexedor municipal espera que “o próximo 3 de marzo poidamos entre todos referendar ese documento consensuado por parte de todos os grupos e ese bo traballo que se fixo durante moitos anos. Polo tanto estou contento co labor dos compañeiros da corporación e esperanzado en que ese documento saia adiante posto que é a última oportunidade. O cambio de lei sen ter o Plan Xeral aprobado provisionalmente sería asumir un risco moi alto de perda de subvencións e do contrato cos redactores, o que suporía un paso atrás moi grande. Eu creo que isto a corporación teno claro e polo tanto estamos contentos porque xa hai datas e prazos para aprobar provisionalmente o Plan Xeral de Foz”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz