12.02.2016
A Xunta Directiva Provincial do Partido Popular de Lugo acordou o pasado 29 de xaneiro a convocatoria de XVII Congreso Extraordinario desta formación, que se celebrará o día 6 de marzo de 2016 no Auditorio de Veterinaria da cidade de Lugo.
De conformidade co Regulamento do Congreso, son compromisarios/as electos os designados polas organziacións locais, en asembleas convocadas ó efecto. Cuio reparto foi aprobado en Xunta Directiva Provincial celebrada o pasado día 29 de xaneiro.
Si queres participar como compromisario/a, deberás inscribirte no rexistro de compromisarios/as das sedes do partido ou xuntas locais ata as 20:00 horas do día 19 de febreiro. De conformidade co disposto nos artigos nº 8-9 do Regulamento do Congreso e no artigo nº 7, para poder ser compromisario deberás estar ó corrente de pago das cotas de afiliado/a.
Unha vez rematado o prazo de inscrición de aspirantes a compromisarios/as, celebraranse as asembleas para a súa elección, que terán lugar nas Sedes Locais ou das Xuntas Locais, o día 22 de febreiro. As ditas votacións comenzarán as 19:00 horas e prolongaranse ata as 21:00 horas do mesmo día, espazo de tempo no que poderás exercer o teu dereito ó voto para elección de compromisarios/as.
Á Agrupación Local do Partido Popular de Foz correspóndelles 19 compromisarios/as, polo tanto, a dita asemblea farase só no caso de que o número de aspirantes sexa maior que o de prazas (19).
Para calquer dúbida e información podes chamarnos aos números 628 64 91 14 ou 982 13 22 41 de luns a venres en horario de 18:30 a 20:00 horas ou contactar a través do correo electrónico ppdefoz@gmail.com
© 2019 PP de Foz