29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

26.01.2016

Empezaron os arranxos na piscina municipal de Foz para reparar os danos que hai nas instalacións.

Estas obras son froito das negociacións da xunta de portavoces da anterior corporación local coa empresa que construíu este centro deportivo.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [121 Voto/s]

Foz, 26 de xaneiro de 2016.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anunciou hoxe que empezaron os arranxos na piscina municipal para reparar os danos que hai nas instalacións. O rexedor explicou que estas obras son froito das negociacións realizadas pola xunta de portavoces da anterior corporación local focense coa empresa que construíu este centro deportivo.

Javier Castiñeira deu a coñecer “o inicio dos traballos de arranxos na piscina municipal, obras que son resultado das negociacións que levou a cabo a xunta de portavoces da anterior corporación municipal coa empresa que construíu a piscina. Os traballos consisten no selado e reparación das humidades da carpintería exterior e de ventás; e tamén a substitución das mochetas interiores con pladur. Tiñan un aspecto moi malo, con humidades e oquedades, e durante as últimas inspeccións viñan notando sempre esas deficiencias. A verdade é que se mellora moito hixienicamente e o aspecto da piscina municipal”.

O alcalde engadiu que esta reparación “era unha demanda que nos estaban facendo os usuarios da piscina, aos que hai que agradecer a paciencia que están tendo nestes días, tratando de convivir con esas obras, que son necesarias. E, unha vez estean feitos estes traballos por parte da empresa Alea, o Concello devolverá ese aval que había pendente xa dende o último ano da construción”.

Castiñeira rematou explicando que “queda pendente a obra de substitución do lucernario, dos elementos de vidro, que terá que facerse con cargo ás contas do Concello. Estase estudando por parte do arquitecto a forma de facelo”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz