18 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

18.01.2016

O alcalde de Foz destaca o éxito da XIII Festa do Chícaro e agradece o labor de todos os que traballaron para a súa organización.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [90 Voto/s]

Foz, 18 de xaneiro de 2016.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, fixo hoxe balance da décimo terceira edición da Festa do Chícaro, celebrada o pasado fin de semana. O rexedor municipal destacou o éxito do festexo gastronómico e agradeceu o labor de todos os que traballaron para a organización e desenvolvemento das actividades.

“Hoxe é día de facer valoración dos resultados da XIII Festa do Chícaro, que se celebrou esta pasada fin de semana. Estamos moi contentos porque se esgotaron as existencias, pois vendéronse cerca de 1.500 racións o sábado. Ese día o tempo acompañou, ao contrario do que ocorrera nos anos anteriores, e iso dende logo que axudou. Houbo moita xente no pobo e estivo moi animado nunha fin de semana de xaneiro, o que non é fácil”, manifestou Javier Castiñeira.

O alcalde aproveitou tamén para facer agradecementos: “en primeiro lugar destacar o traballo do persoal do Concello, posto que foron os que serviron e axudaron a facer toda a festa. Tamén quero agradecer o labor dos profesores e alumnos da Escola de Hostalería que prepararon os tres pratos de cociña; á Pastelería Anduriña, por facer esa empanada tan rica; e, por suposto, a todos aqueles que colaboraron: Protección Civil, Policía Local e demais que fixeron posible esta festa. Tamén quero agradecer a todas aquelas autoridades que nos acompañaron no pregón e ao pregoeiro, porque nos fixo sentir moito máis focenses ca nunca, e incluso se veu algunha bágoa nese pregón. Saíu todo moi ben e estamos convencidos para ir xa pensando na seguinte edición”.

E Castiñeira rematou felicitando “ao principal coordinador desta festa, que é Pedro Fernández Manín, o primeiro tenente de alcalde e responsable da Concellería do Mar. Sen el sería imposible que saíran tan ben as cousas, polo traballo e esforzo que fixo el e tamén a asociación Sempre Foz”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz