29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

13.01.2016

O Concello de Foz recibiu hoxe en Vilalba un vehículo para a agrupación local de Protección Civil.

O alcalde destacou a súa dedicación altruísta dos voluntarios todos os días do ano.

Recomendar Imprimir Atrás

3.3/5 [71 Voto/s]

Foz, 13 de xaneiro de 2015.- O Concello de Foz recibiu hoxe en Vilalba un vehículo para agrupación local de Protección Civil. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, que asistiu ao acto, destacou a dedicación altruísta dos voluntarios todos os días do ano.

Despois de rematar o acto o rexedor municipal focense explicou: “hoxe vimos de recibir un todoterreo pick up Volkswagen para agrupación de Protección Civil de Foz. É un vehículo necesario no noso concello porque xa facía moito tempo que os membros da agrupación de Protección Civil non recibían un equipamento desta índole; e a verdade é que ben merecido o teñen. Quero aproveitar este momento para agradecer a súa actividade durante todos os días do ano e a súa dedicación, totalmente voluntaria e altruísta. Para min, como alcalde e como presidente da corporación municipal, é un verdadeiro orgullo estar hoxe aquí con eles e que  o propio vicepresidente da Xunta de Galicia e conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, lles entregue a eles as chaves deste vehículo, que lles fai falta”.

Javier Castiñeira rematou agradecendo “o investimento de máis de 4 millóns de euros que fixo a Xunta de Galicia para equipar a Protección Civil, que normalmente son os primeiros que atenden as emerxencias e que chegan aos sitios. Na Mariña podemos estar contentos co labor de Protección Civil e tamén coa do equipo de bombeiros, das Policías Locais e de todos aqueles que atenden as emerxencias. Como podemos percibir nestes días de temporal, sempre están aí para atender as incidencias aló onde os chaman e polo tanto ben merecido teñen que lles deamos as grazas a eles e tamén á Xunta de Galicia”. 
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz