29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

07.01.2016

O alcalde de Foz, Javier Castiñeira, fai un balance moi positivo da campaña de Nadal deste ano nas actividades de ocio programadas.

O Concello traballa xa na preparación da Festa do Chícaro e do Entroido.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [106 Voto/s]

Foz, 7 de xaneiro de 2016.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, valorou hoxe como moi satisfactoria a campaña de Nadal que vén de rematar. O rexedor destacou as novidades desta edición, como algúns novos equipamentos para as cabalgatas de Reis e Papá Noel e o incremento no investimento para o alumeado nas rúas. Tamén anunciou que o Concello xa traballa na preparación das actividades da Festa do Chícaro, ou berberecho, e do Entroido.

“Hoxe é un día de valoración do que foi a campaña de Nadal en Foz e dende o Concello e o goberno municipal consideramos que foi moi positiva. O Concello apostou por novidades  que afectan directamente ao divertimento e ao ocio dos nosos veciños, para que o pobo estivera cheo de xente. Satisfainos moito que fose unha boa campaña tamén para os comerciantes, pois este ano houbo apostas moi boas e interesantes; por exemplo no alumeado de Nadal duplicouse o investimento e houbo tamén novidades de equipamentos para Papá Noel, unha carroza nova, e tamén para os Reis Magos, con eses novos tronos que causaron sensación na pasada cabalgata de Reis. A verdade é que estamos moi contentos e creo que os resultados van ser positivos para todos. Dende o goberno queremos facer esa moi boa valoración desta campaña”, manifestou Javier Castiñeira.

Ademais o alcalde focense anunciou que “agora estamos traballando nas novas campañas que temos por diante: a Festa do Chícaro, xa en cuestión de días, e tamén o Entroido, de Foz, que tamén é un momento importante. Non se para, a valoración é positiva,  pero seguimos mirando para o futuro e para un mes de xaneiro cargado de eventos”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz