27 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

11.12.2015

O alcalde focense fai un balance moi positivo da reunión mantida onte pola comisión de seguimento para avanzar na tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O rexedor asegura que Foz é un exemplo de participación cidadá na elaboración dun PXOM en Galicia.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [100 Voto/s]

Ribadeo, 11 de decembro de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, amosouse moi satisfeito logo da reunión mantida onte pola comisión de seguimento do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Foz (PXOM). O rexedor asegura que esta tramitación está a ser un exemplo de participación cidadá e conta poder levar a pleno a súa aprobación provisional en xaneiro de 2016.

“No día de onte tivemos unha reunión de vital importancia, dentro dos asuntos importantes do noso Concello, como foi a  xuntanza da comisión de seguimento do Plan Xeral de Ordenación Municipal e a reunión cos portavoces, cos redactores e con técnicos municipais. A valoración final é tremendamente boa, porque o resultado é que temos un documento técnico encima da mesa que cumpre perfectamente as condicións que nos piden todas as administracións, que pasou o filtro de todos os informes sectoriais das máis de 22 administracións que informaron este plan, que cumpre tamén a maior parte das expectativas pronunciadas polos representantes veciñais. Están resoltas tamén as diferentes alegacións propostas en 2013. É un plan moi matizado polos veciños, polos grupos municipais, polas administracións, un plan que creo que cumpre perfectamente as expectativas e a valoración dos alí presentes, primeiramente dos propios redactores. Hai un ambiente bo, estamos preparados todos para aprobar este plan e a corporación está aberta a traballar sobre el. Nestes días tamén propuxemos diferentes reunións para que os portavoces e os grupos de traballo poidan informarse polos técnicos municipais e tamén polos redactores”, explicou o alcalde.

Castiñeira engadiu que “os grupos de traballo están agradecidos ao traballos dos técnicos e redactores, que tiveron a máxima paciencia. Creo que o caso de Foz é un exemplo único en Galicia de participación cidadá na elaboración do seu Plan Xeral e así o recoñeceron os veciños. Quedouse en concretar datas xa para a súa aprobación definitiva, datas para esas reunións particulares entre os grupos políticos e os técnicos e tamén os representantes veciñais cos técnicos municipais. E, con iso, está previsto que ao pleno ordinario do mes de xaneiro poda ir xa a aprobación provisional deste documento. Polo tanto, facemos unha valoración moi satisfactoria e a damos os parabéns por parte do goberno aos portavoces municipais por abordar este tema coa seriedade coa que o están facendo e aos grupos de traballo que participaron e que seguen tendo a inquietude de continuar tendo influencia na elaboración do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Foz. Esperamos que estea aprobado provisionalmente no mes de xaneiro, antes de que entre en vigor a nova Lei de Ordenación Urbana da Xunta de Galicia, esta modificación que está en trámite parlamentario. A aprobación provisional daríanos moitos dereitos para que logo este plan non tivera que modificarse unha vez se aprobe esta nova lei promovida pola Xunta de Galicia”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz