23 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

04.12.2015

O alcalde de Foz entrega aos portavoces municipais toda a documentación do PXOM para a súa aprobación provisional.

Tamén convoca unha xuntanza de voceiros coa comisión do seguimento do plan, cos seus redactores e con técnicos do concello para o día 10 deste mes.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [76 Voto/s]

Foz, 4 de decembro de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, está entregando aos portavoces municipais unha memoria USB con toda a documentación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para a súa aprobación provisional. Ademais convocou unha xuntanza de voceiros coa comisión veciñal de seguimento do PXOM, cos seus redactores e con técnicos do Concello para o día 10 deste mes, xoves.

O rexedor focense explicou que “nestes días estamos entregando a documentación do Plan Xeral disposto xa para a súa próxima aprobación provisional en pleno. Estáselle entregando aos portavoces da oposición un pendrive con toda a documentación, tanto o propio documento e o proxecto de aprobación provisional do PXOM como as respostas ás alegacións, todos os diferentes informes das administracións e os informes sectoriais, modificados moitos deles varias veces para adaptarse ás esixencias de todas as administracións”.

Javier Castiñeira destacou que “é un traballo completísimo que nos satisfai telo xa rematado. E agora soamente queda que os grupos municipais o revisen e temos previsto unha reunión da xunta de portavoces para o día 10 coa comisión veciñal de seguimento do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Foz; nesa xuntanza estarán os técnicos municipais e tamén os redactores do PXOM para explicar cal é a situación deste documento, que está moi avanzado e terá que ser aprobado en pleno por maioría, con 7 votos favorables como mínimo. E a partir de aí expoñeranse e comunicaranse as respostas ás alegacións a todos os veciños, que terán á súa disposición tanto aos técnicos municipais como a outro persoal para poder informarse de cómo se resolveron as súas alegacións, positiva ou negativamente”.

O alcalde engadiu que “estamos moi contentos, actuando con transparencia absoluta e coa confianza máxima na corporación municipal, porque se trata dun asunto moi importante para o futuro do noso concello, que non pode quedarse atrás. Temos confianza máxima nos portavoces, porque entendo que é un documento estritamente técnico que está salvado polos redactores, que ten todos os informes favorables das administracións e o servizos de Urbanismo da Xunta de Galicia tamén teñen constancia da necesidade e présa que ten este PXOM para Foz; e polo tanto esperemos dar os pasos necesarios nestas próximas semanas”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz