17 de Novembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

04.12.2015

O Concello de foz comeza a dixitalización dos seus libros de actas dos plenos da corporación municipal.

O alcalde acaba de recibir as do período comprendido entre 1984 e 1995.

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [54 Voto/s]

Foz, 3 de decembro de 2015.- O Concello de Foz acaba de recibir o resultado do traballo de dixitalización dos libros de actas dos plenos da corporación municipal do período comprendido entre o ano 1984 ata 1995, que están custodiadas no arquivo do Concello. A empresa encargada do traballo foi Fornecementos Galegos SL (FOGA), de Santiago de Compostela, que llo entregou ao alcalde, Javier Jorge Castiñeira.

O rexedor municipal explicou que “este traballo forma parte dunha iniciativa máis ampla, que consiste na dixitalización de todos os libros de actas de plenos do Concello de Foz dende o ano 1835 ata o 2006, xa que a partires desta data xa están dixitalizados. Isto irase realizando a través das axudas solicitadas para tal fin”.

Javier Castiñeira tamén comentou que “está previsto que se vaian colgando na páxina web do Concello” e engadiu que “os obxectivos deste proceso de dixitalización son: asegurar a conservación da información e a documentación de por vida e adaptala e actualizala ós tempos e necesidades de hoxe e mañá; reducir a manipulación e o uso de documentos orixinais, fráxiles e únicos testemuños da historia do Concello de Foz; e mellorar o servizo do arquivo municipal, proporcionando un acceso de maior calidade tanto a nivel interno como de cara ós cidadáns, como por exemplo aos estudantes”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz