18 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

20.11.2015

Foz acolleu hoxe a marcha Camiño en igualdade organizada polo Concello para conmemorar o día contra a Violencia de Xénero.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [44 Voto/s]

Foz, 20 de novembro de 2015.- A vila focense acolleu hoxe a marcha denominada Camiño en igualdade organizada polo Concello para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

A marcha, encabezada cunha pancarta co lema Para querer, quérete, partiu ás once e media da mañá do IES de Foz co alumnado deste centro e representantes dos colectivos de mulleres focenses, Afammer e Asociación de Amas de Casa de Foz, así como de todos os grupos da corporación municipal. Na praza Salgado Toimil sumouse o alumnado do colexio O Pilar e na avenida da Mariña, á altura do parque Martínez Otero, incorporouse alumnado do colexio Martínez Otero. Ao longo do camiño sumáronse outras persoas e representantes doutros colectivos, como a Asociación Asistencial Virxe do Carme ou a de Viúvas Pilar Otero, simbolizando a suma de esforzos na loita contra a violencia de xénero.

O percorrido, encabezado polas representantes das asociacións de mulleres, rematou diante da Casa do Concello, e unha vez alí alumnos dos centros participantes leron manifestos contra a violencia de xénero, incidindo na educación en igualdade. A concelleira da Muller, Mercedes González Alonso, pechou o acto agradecendo a participación de todas as persoas e animándoas a seguir traballando nesta loita.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz