23 de Xullo de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

12.11.2015

O alcalde de Foz advirte que a rebaixa no IBI aprobada no pleno de onte non é legal e polo tanto podería ter consecuencias xudiciais para os concelleiros de PSOE e FPF, que votaron a favor da súa aprobación.

Recomendar Imprimir Atrás

2.9/5 [79 Voto/s]

Foz, 12 de novembro de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, advirte que rebaixa no imposto de bens inmobles (IBI) aprobada no pleno extraordinario da corporación municipal celebrado onte non é legal e polo tanto podería ter consecuencias xudiciais para os concelleiros de PSOE e Foz Plataforma de Futuro, que foron os que votaron a favor da súa aprobación.

“O goberno do Concello de Foz tacha de esperpéntico o pleno de onte, no que propoñiamos rebaixar o coeficiente que regula o IBI nun dez por cento, cuns informes técnicos do interventor que o avalaban, pero o Partido Socialista e a Plataforma, cun pacto previo se veu clarisimamente no pleno, aprobaron unha emenda, sen informe e contraria completamente á lei, que propón unha redución temeraria do 34 por cento do coeficiente actual. É dicir, que pretenden deixar sen 600.000 euros aos orzamentos municipais do ano 2016, atacando absolutamente a estabilidade presupostaria do Concello, sen informes técnicos”, explicou o rexedor municipal.

Javier Castiñeira engadiu que “con este ataque de populismo o Partido Socialista e a Plataforma pretenden rebaixar, se alguén non o evita, ao mínimo posible que establece a lei o coeficiente que regula o IBI, o que supón un verdadeiro asalto á economía municipal, comparable ao que xa fixeron no seu día Unifoz e PSOE durante o pasado mandato non aprobando o pago a provedores. E neste caso aínda é moito máis grave porque están tomando un acordo saltándose a legalidade, ao marxe dos informes técnicos municipais e modificando unha ordenanza ás costas dos técnicos e dos informes que son preceptivos e legais. O goberno local do Partido Popular xa avanzou que alegará contra esta decisión e que estudará outras medidas ante este asalto á economía municipal e ás competencias do alcalde; e valoramos incluso a impugnación do propio pleno”.

O alcalde focense recordou aos membros da corporación municipal que “hai concelleiros en procesos xudiciais en concellos próximos por tomar decisións en contra da legalidade e dos informes técnicos, ben sexa urbanísticos ou económicos. Alertamos neste mesmo pleno da ilegalidade que se estaba cometendo. E o único que conseguen con todo isto é que os discípulos de Xaime Cancio, que é o verdadeiro mentor deste plan malévolo, é que non entre en vigor nin a baixada do 10 por cento que pretendía aplicar o goberno local do Partido Popular nin obviamente a do 34 por cento, ao 0,4, que pretenden estes dos grupos, porque o goberno municipal do PP vai impugnar esa decisión”.

Castiñeira tamén comentou: “dende a Alcaldía síntome bastante defraudado polo PSOE, que segue cego e non sabe ler os resultados das últimas eleccións municipais, nas que perderon 700 votos por estar mal dirixidos, por volver ao pasado e ter un líder que actualmente é un cadáver político pero segue manexando os fíos do Partido Socialista; e, por outro lado, a Plataforma, que pensa que aprobando no anterior pleno o punto referido á depuradora remataron xa así este mandato. Pero iso non é certo e o goberno municipal do Partido Popular vailles esixir que estean á altura en todos os plenos e en todos os puntos necesarios para a gobernabilidade do Concello. É necesaria a nova depuradora, asunto que lles deixamos perfectamente para que non tiveran ningún risco á hora de tomar decisións, pero tamén é necesaria a economía municipal, é necesario o Plan Xeral, son necesarios os orzamentos de todos os anos e a Plataforma debe estar á altura. Non vale de nada dicir que teñen o comodín da depuradora para botar así todo o mandato. Este goberno non atende a esas desculpas e vailles esixir a todos os grupos, pero sobre todo á Plataforma, que estea á altura en todos os plenos da corporación”.    

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz