18 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

11.11.2015

O Concello de Foz procedeu hoxe á limpeza e desinfección do inmoble da Rúa da Ribeira que estaba a provocar fortes cheiros.

Recomendar Imprimir Atrás

2.7/5 [57 Voto/s]

Foz, 11 de novembro de 2015.- O Concello de Foz retirou hoxe a materia orgánica putrefacta que estaba causando fortes cheiros e riscos sanitarios nun baixo da Rúa da Ribeira, na vila de Foz. Ademais, procedeuse á desinfección do local. O Concello, tal e como informou o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, solicitará o abono dos gastos da limpeza do local, no centro dunha disputa entre o arrendatario e o propietario. Para a intervención foi necesaria a contratación dunha empresa de limpeza e os servizos da Policía Local.

“Hoxe procedeuse á limpeza por parte do Concello dun local de hostalaría onde existe un problema civil entre o arrendatario e o propietario que estaba causando un problema sanitario, sobre todo aos veciños do edificio, que estaban soportando cheiros insoportables e, por outro lado, as posibles infeccións que iso podería estar xerando”, explicou o rexedor municipal.

“Despois de varios días de intentar chegar a un acordo con ámbalas dúas partes, co arrendatario e o propietario, e tratando de cumprir estritamente a legalidade dunha propiedade privada, hoxe conseguimos acceder ao local por mediación da Policía Local e grazas a autorización das dúas persoas afectadas. Procedeuse á retirada de toda a materia orgánica, que estaba xa en alta fase de putrefacción, e á desinfección de local. O Concello procederá a solicitar a quen corresponda o abono deses gastos”, expuxo Castiñeira.

“Despois de varias semanas o Concello e a Policía Local conseguiu poñer de acordo ás dúas partes e solucionar un problema importante para a comunidade. O Concello finalmente resolve un problema que estaba sendo grave dende o punto de vista sanitario”, recalcou o rexedor.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz