18 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

09.11.2015

A corporación municipal focense celebrará un pleno extraordinario este mércores para aprobar a redución dun 10 por cento no coeficiente de aplicación do IBI.

O alcalde destaca que así Foz seguirá sendo un dos concellos da Mariña coa contribución máis baixa.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [189 Voto/s]

Foz, 9 de novembro de 2015.- A corporación municipal focense celebrará un pleno extraordinario e urxente este mércores ás 20:30 horas para aprobar a redución dun 10 por cento no coeficiente de aplicación do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para o vindeiro ano 2016. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, destaca que así Foz seguirá sendo un dos concellos da Mariña coa contribución máis baixa, debido a que o coeficiente de aplicación é moi reducido.

O rexedor municipal explicou que “hoxe convocouse á corporación municipal a un pleno extraordinario urxente para este mércores ás oito e media da tarde. O único punto da orde do día é a rebaixa do coeficiente de aplicación do IBI ou contribución para que sexa xa de aplicación no exercicio 2016, tal e como me comprometín no anterior pleno ordinario. Unha vez feito xa o informe por parte dos servizos de Recadación e de Intervención, vendo que é posible esta rebaixa do coeficiente nun 10 por cento, do 0,60 ao 0,54, levarase a pleno para que sexa aprobado e despois sexa publicado e no prazo dun mes entre en vigor antes do 31 de decembro para que poida así aplicarse no ano 2016”.

Javier Castiñeira engadiu que “con isto cúmprese un compromiso por parte do goberno municipal e nese proceso de revalorización catastral das parcelas vai tamén a vontade do goberno de non aplicar o 10 por cento que establece o Ministerio por lei, polo que se pasaría do 0,60 ao 0,66, senón ao contrario. Dado que estamos nun proceso de revalorización podemos diminuír o 0,60 ao 0,54, o que supón aproximadamente uns 200.000 euros que se deixan de ingresar nas arcas municipais. Pero si é ben certo que o proceso de revalorización ao final compensa practicamente unha cantidade coa outra”.

O alcalde rematou comentando que isto demostra “a voa vontade do Concello e espero que as dúbidas que había no seu momento por parte da oposición agora queden solucionadas e se lle dea para diante neste próximo pleno á aprobación desta rebaixa no coeficiente que regula o pago da contribución ou IBI para o ano 2016”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz