22 de Xullo de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

23.10.2015

O vicepresidente da Xunta entregou hoxe en Foz un novo vehículo para a policía local, que substituirá a un dos dous coches antigos para pasarllo ao departamento municipal de obras.

Recomendar Imprimir Atrás

3.3/5 [97 Voto/s]

Foz, 23 de outubro de 2015.- O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, entregou hoxe en Foz un novo vehículo a Policía Local, que ocupará o lugar doutro antigo e que financia enteiramente o departamento autonómico. O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, aproveitou a ocasión para agradecer a Rueda a súa presenza en Foz e ao equipo da Policía Local por un traballo que cualifica de “excelente”.

“No día de hoxe agradecemos, por suposto, a presenza do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e, sobre todo, a boa nova que o trae hoxe aquí para visitar este concello mariñán, que non é outra que a entrega dun novo vehículo á nosa Policía Local. Concretamente é un Citröen Cactus, que substituirá a un dos dous vehículos existentes, xa antigo, e que pasará formar parte da flota do equipo de obras. A nosa Policía Local dispón tamén de dúas motos, polo que dispón dun equipamento interesante”, manifestou Javier Castiñeira.

O rexedor aproveitou para “agradecer o traballo policial dos nosos compañeiros, que fan un excelente labor. A día de hoxe teñen un membro menos no equipo, dadas circunstancias laborais dun deles, e con sete axentes e un cabo están facendo un labor marabilloso, sobre todo en época estival, polo verán, con multitude de actividades e cortes de tráfico e, sobre todo, co triplo de poboación que no inverno. E ademais de todo isto, e proba é que hoxe facemos a entrega do novo vehículo no Parque de Educación Viaria de Foz, ese esforzo extra que fai a Policía Local de Foz no que é a educación viaria cos nosos rapaces, con multitude de colaboracións que se fan con colexios mariñáns que usan este Parque de Educación Viaria para que os rapaces de toda A Mariña teñan o seu primeiro contacto co tráfico e coa condución de pequenos vehículos a motor e con esas clases que dan os axentes, que son a maiores do que poden facer noutros municipios. Polo tanto, parabéns e moitas grazas novamente á Xunta de Galicia, ao vicepresidente e á Consellería de Presidencia, que financia totalmente este vehículo que vai ser moi interesante para a nosa Policía Local”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz