16 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

23.10.2015

PP e FPF apoian a instalación da nova depuradora de Foz no Camiño da Granda.

Este asunto tratouse onte na comisión preparatoria do pleno da corporación municipal que se celebrará o vindeiro xoves.

Recomendar Imprimir Atrás

3.3/5 [116 Voto/s]

Foz, 23 de outubro de 2015.- Os representantes do Partido Popular e de Foz Plataforma de Futuro apoiaron a instalación da nova depuradora focense no Camiño da Granda durante a reunión da comisión informativa que houbo onte para preparar o pleno da corporación municipal que se celebrará o vindeiro xoves, día 29 deste mes.

O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, explicou que “con respecto ao resultado da última comisión preparatoria de asuntos do pleno ordinario, estou contento sobre todo porque no punto máis importante da orde do día, a proposta de ubicación da nova depuradora de Foz no Camiño da Granda, parece que existe un apoio aclaro cos votos favorables dos tres concelleiros de Foz Plataforma de Futuro, que se suman así aos 5 representantes do Partido Popular e que moi probablemente leven a desbloquear este asunto. Hai que ser moi prudente porque o pleno será aínda a semana que vén, pero si é certo que, despois de varias reunións de xuntas de portavoces, onte na comisión viuse que o asunto ten ventos favorables”.

O rexedor municipal tamén agradeceu publicamente a postura do BNG neste tema, porque “está levando as conversacións nun clima de diálogo moi interesante”. Sen embargo, Javier Castiñeira amosouse “decepcionado absolutamente, sobre todo nestes últimos días, coa actitude do Partido Socialista polo seu intento de seguir bloqueando esta nova ubicación. Sorpréndenos este enorme cambio de actitude, porque á pasada xunta de portavoces xa non acudiron e no día de onte reservaron o voto para o pleno sen aportar ningunha pregunta nin ningunha idea, ao contrario do que fixeron o resto dos grupos. Vese que alguén está amolado porque isto se desbloquee e o Partido Socialista terá que explicar os motivos destas decisións aos veciños. Non obstante teñen unha semana por diante para recapacitar; espero que así o fagan e que se sumen ao éxito que é sacar adiante unha nova ubicación para a depuradora e que Augas de Galicia teña a pelota no seu tellado”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz