22 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

15.10.2015

O concello de Foz instala novos carteis informativos sobre os puntos de interese do municipio cunha subvención de 18.000 euros da Axencia Galega de Turismo.

Substitúen aos anteriores, que se atopaban en moi mal estado.

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [91 Voto/s]

Foz, 15 de outubro de 2015.- Foz ten nova sinalización sobre os puntos de interese do municipio, logo de que de os carteis vellos, nun estado moi deficiente, fosen substituídos grazas a unha subvención de 18.000 euros da Axencia Galega de Turismo.  Así o explicou hoxe o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, que salienta o importante que é para o Concello dar unha boa imaxe ante os visitantes que buscan información.

“O Concello de Foz vén de instalar unha serie de carteis informativos, arredor duns 15 carteis informativos dos diferentes puntos de interese do municipio, posto que os que había estaban nun estado lamentable e mesmo houbo que quitalos antes de tempo porque a imaxe que  transmitían eran moito peor que a información que daban”, dixo o rexedor focense.

O alcalde cre que “sobre todo de cara á imaxe do pobo é unha inversión moi interesante, porque aínda que aos cidadáns que vivimos todo o día no pobo non nos fai falta esa información, para todos aqueles que nos visitan é unha das primeiras imaxes que levan, os puntos informativos polos que se guían na nosa localidade, nos que buscan lugares de interese turístico, de interese social e de saída e entrada ao Concello. Polo tanto era importante facelo. En total é un investimento de 18.000 euros, que financia totalmente a Axencia Galega de Turismo da Xunta de Galicia, unha subvención á que concorreron varios concellos e neste caso o Concello de Foz foi beneficiado con estes 18.000 euros. É unha obra moi interesante xa que o estado das sinalizacións que había era verdadeiramente lamentable, incluso vergoñenta, e mellora con moito a imaxe. Ademais son uns carteis con porte, resistentes e modernos. Estamos contentos de que se substituíran estes carteis, tan necesarios sobre todo para aqueles que nos visitan”, expresou Castiñeira.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz