18 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

13.10.2015

O alcalde de Foz destaca a importancia da contratación do equipamento da residencia de maiores, publicado hoxe no DOG.

Javier Castiñeira calcula que o centro estará en funcionamento nos primeiros meses de 2016.

Recomendar Imprimir Atrás

3.4/5 [97 Voto/s]

Foz, 13 de outubro de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, valora de xeito moi positivo o anuncio, publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), da contratación do equipamento para a nova residencia de maiores de Foz.  O centro estará aberto ao público nos primeiros meses do ano que vén, segundo as estimacións do rexedor, que esta mañá visitou as obras do xeriátrico.

“No día de hoxe vénse de publicar no DOG a contratación do equipamento interior da nova residencia de maiores do Concello de Foz, obra que está a punto de rematar. Moi probablemente no próximo mes sexa entregada o que é a parte da construción do edificio, que está en fase de remates interiores, de pintado e de urbanización”, explicou Javier Castiñeira.

O alcalde valora o avance que supón o anuncio desta contratación, que conta cun orzamento de 179.967 euros: “con este anuncio da contratación do equipamento dáse un pasiño máis para que nos vindeiros meses de principios de ano 2016 seguramente, unha vez contratado o persoal,  poida estar xa en funcionamento esta residencia tan desexada no noso municipio. Cubrirá un servizo moi importante, a atención de 40 residentes máis outras 40 persoas no centro de día, en total 80 maiores que estarán ben atendidas nunha infraestrutura moderna, con grandes avances tecnolóxicos e cun equipamento de mobiliario que foi hoxe contratado polo Consorcio Galego de Benestar da Xunta de Galicia. Polo tanto, máxima confianza na Xunta de Galicia, que cumpre o seu compromiso con Foz, un máis, neste caso un compromiso importante, que é dar un o paso da contratación do equipamento para a residencia. Agradecemos a todos estes entes que fagan posible que para os vindeiros meses, os primeiros de 2016, poidamos estar xa gozando dese equipamento en servizo e o gocen os nosos maiores, que ben merecido o teñen”, dixo Castiñeira.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz