29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

05.10.2015

O Concello de Foz chega a un acordo coa construtora da piscina municipal para que esta repare as deficiencias que hai na instalación.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [66 Voto/s]

Foz, 5 de outubro de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, vén de anunciar a sinatura dun acordo entre o Concello de Foz e Construcciones Alea, para que esta empresa repare as deficiencias da piscina municipal, que ela mesma executou.

O rexedor municipal explicou hoxe que se asinou un acordo “para arranxar esas deficiencias construtivas que hai na piscina, que están provocando humidades nos paramentos laterais, mochetas arredor das ventás e en todas as paredes de pladur, nas que existen humidades importantes. Por estas deficiencias estaba retido por parte do Concello ese aval dende o ano da construción da propia piscina”.

Javier Castiñeira engadiu que grazas a este acordo vanse reparar “todos eses defectos nas ventás e nas súas unións cos paramentos e arranxar interiormente as paredes, quitar as humidades e repintar, porque daban un aspecto moi malo e eran tamén un impedimento para a concesionaria, que leva os servizos da piscina municipal, en diferentes inspeccións que houbo no seu momento, dificultades hixiénicas e sanitarias, que verdadeiramente non son interesantes”.

O alcalde asegura que este acordo atende tamén “ás peticións de moitos dos usuarios e veciños que usan habitualmente a piscina de Foz, que é unha infraestrutura relativamente moderna e queremos solucionar eses pequenos problemas. Chegouse este acordo e en próximas semanas, durante este mes xa, comezarán os traballos, que durarán arredor dun mes, e con esas obras teremos reparados eses defectos e poderemos devolver a fianza que durante varios anos tiña retida o Concello a esta empresa”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz