20 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

01.10.2015

O Concello de Foz inaugura o obradoiro de emprego Río Masma na aula de formación de Fazouro.

O curso forma a 15 rapaces en mantemento de infraestruturas municipais e xardíns.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [81 Voto/s]

Foz, 1 de outubro de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, inaugurou un novo obradoiro de emprego no municipio, o Río Masma, que ten lugar na Aula de Formación do Concello situada en Fazouro. Nel participan 15 rapaces menores de 30 anos que reciben formación sobre mantemento de infraestruturas municipais e xardíns.

O rexedor municipal focense explicou hoxe que “deu comezo na Aula de Formación do Concello de Foz, en Fazouro, un novo obradoiro para menores de 30 anos, onde 15 rapaces de Foz van ter a posibilidade de formase no módulo de mantemento de infraestruturas municipais e xardíns. Está na dinámica que levamos nestes últimos anos no Concello de Foz, xunto á Consellería de Traballo de Benestar, tratando de darlle o máximo uso a unha aula de formación que está acollendo a día de hoxe dúas escolas obradoiro: unha é a que se está levando a cabo en común con concellos de Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo e Foz, o actual obradoiro Pardo de Cela 2,  e este que dá comezo, que é o obradoiro Río Masma, de Foz”.

“Estamos contentos porque se están simultaneando dous obradoiros nos que os rapaces terán unha formación idónea para poder ter despois os seus certificados de profesionalidade. Seguimos nesa boa dinámica destes últimos anos, de que todos os anos haxa un obradoiro ou máis, como neste caso, no noso municipio”, destacou Javier Castiñeira.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz