19 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

03.09.2015

A oficina de turismo de Foz atendeu a 8.747 persoas e a Basílica de San Martiño recibiu 9.507 visitas durante os meses de xuño, xullo e agosto.

A concelleira Maite López Rego cualificou estes datos como excelentes, porque superan aos de anos anteriores.

Recomendar Imprimir Atrás

3.4/5 [86 Voto/s]

Foz, 3 de setembro de 2015.- A oficina de turismo de Foz, que está no edificio do Cenima, atendeu a 8.747 persoas e a basílica de San Martiño recibiu 9.507 visitas durante os meses de xuño, xullo e agosto deste ano. A concelleira Maite López Rego cualificou estes resultados como excelentes, porque superan aos de veráns anteriores.

A edil de Turismo focense fixo hoxe unha valoración dos datos de visitantes ao municipio durante os pasados meses de xuño, xullo e agosto: “excelentes resultados os da asistencia de turistas a Foz neste verán de 2015, porque cos datos pechados a 31 de agosto visitaron a nosa oficina de turismo 8.747 persoas, case 600 máis que o ano pasado, que son moitas nos tempos que corren. Dende o equipo de goberno do Concello estamos totalmente satisfeitos con estes datos, que nos pasou a nosa técnica de turismo. Tamén hai que destacar que coa guía que hai na basílica de San Martiño incrementamos as visitas a ese monumento. Por poñer un dato de referencia: en xuño do 2013 visitaron a basílica 800 persoas e no mesmo mes do 2015 pasaron por ela 1.362 persoas. Co cal penso que calquera dos datos aportados son moi gratificantes para o Concello de Foz e en xeral para todo o pobo”.

Maite López tamén destacou que “acadamos un verán sen practicamente ningunha anomalía nin sustos importantes; foi bastante tranquilo neste sentido e estamos moi contentos cos resultados e esperamos seguir mellorando”.

A concelleira de Turismo fixo referencia ademais á asistencia de xente a Foz durante a última fin de semana de agosto con motivo da Festa Normanda: “penso que foi algo fóra normal, considerando que o 1 de setembro moita xente xa ten que estar reincorporada aos seus postos de traballo. O que se pretende con estes eventos é alargar o verán en Foz e creo que se conseguiu, porque logramos manter a xente no municipio ata o último día de agosto e iso é algo moi satisfactorio para todos”.

Pola oficina de turismo de Foz pasaron en xuño 399 visitantes, dos que o 90 por cento eran españois, na súa maior parte de Madrid, Asturias e Galicia; e o 10 por estranxeiros, sobre todo de Francia, Reino Unido e Bélxica. En xullo rexistráronse 1.706 visitantes, dos que o 93 por cento eran nacionais, maioritariamente de Madrid, Castela-León, Asturias, País Vasco e Cataluña; os estranxeiros na súa maior parte procedían de Francia, Portugal, Italia e Alemaña. En agosto houbo 6.642 visitas, das que o 96,6 foron de españois, sobre todo de Madrid, País Vasco, Castela-León, Galicia, Cataluña e Asturias; e os estranxeiros eran maioritariamente de Francia, Sudamérica (sobre todo Arxentina), Alemaña e Holanda.

Na basílica de San Martiño, segundo os datos recollidos na oficina de atención turística instalada na casa reitoral, houbo 1.362 visitantes en xuño, 2.756 en xullo e 5.389 en agosto.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz