22 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

05.08.2015

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, asegurou que a dotación orzamentaria para a A-82 é unha magnífica noticia para A Mariña.

Recomendar Imprimir Atrás

3.3/5 [83 Voto/s]

Foz, 5 de agosto de 2015.- O anuncio da dotación orzamentaria de 23 millóns de euros para a A-82 até o ano 2019 nos presupostos do Estado foi acollido con satisfacción polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira. “En principio irán máis avanzados os dous tramos dende Barreiros-Foz e Foz-Burela”, sinalou, engadindo que “para o noso concello e para A Mariña en xeral é unha magnifica nova que vén corroborar todas esas noticias que viñamos dando dende o Concello de Foz, esas informacións que nos chegaban dende o Ministerio de Fomento, dende a delegación de Galicia, coa que tivemos innumerables reunións para tratar de activar esta infraestrutura tan importante para a Mariña”.

Castiñeira tamén tivo palabras de agradecemento para a responsable de Fomento do goberno central, Ana Pastor, e para os beneficios económicos que traerá para a zona a construción da A-82: “agradecemos á ministra de Fomento, a galega Ana Pastor, este compromiso coa Mariña que se adquiriu hai uns meses en Santiago e que agora se corrobora. Primeiro,  iniciando os proxectos do tramo de Foz e dotando con partidas económicas o ano próximo e o 2017, 2018 e 2019, que son os de máis investimento e construción, posto que unha vez rematen os proxectos entendemos que virá o período de expropiación e logo o período de construción será entre os anos 2017, 2018 e 2019”.

O rexedor municipal focense destacou tamén que a autovía A-8 está traendo moitos visitante á comarca: “é un perfil de futuro para a comarca importante, de boas infraestruturas xeradoras de actividade e riqueza, como a A-8, tanto os tramos asturianos como o que se rematou hai un ano da variante de Mondoñedo. Estamos moi contentos porque está traendo moita xente á Mariña e porque estamos vivindo un momento moi interesante grazas sobre todo a esa recuperación das infraestruturas, que ben merecido o tiña A Mariña”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz