20 de Novembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

31.07.2015

O Concello de Foz instala cubrecolectores de madeira para mellorar a imaxe da vila.

Nesta primeira fase serán colocados 18, cunha subvención da Xunta, e o alcalde anuncia que se tratará de ampliar a outras zonas do municipio.

Recomendar Imprimir Atrás

3.4/5 [64 Voto/s]

Foz, 31 de xullo de 2015.- O Concello de Foz está instalando cubrecolectores de madeira para mellorar a imaxe da vila. Na primeira fase desta actuación serán colocados 18, grazas a unha subvención da Xunta de Galicia que cubre o 75 por cento do investimento, pero o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, anuncia que tratará de ampliar esta iniciativa a outras zonas do municipio.

O rexedor municipal explicou que “no día de onte empezouse a colocación de 18 cubrecolectores de madeira que se instalarán na zona máis turística do noso concello, dende o porto de Foz pasando polo Campo da Cabana ata a praia da Rapadoira. En total son 18 cubrecolectores, 10 deles para tres colectores de residuos e 8 para dous colectores. Melloran visualmente o aspecto destas rúas e sobre todo resgardan os colectores, o que dá unha imaxe moito mellor para o noso concello, que actualmente está nun momento de ocupación turística moi alto. A satisfacción dos hostaleiros, pero tamén de todos os veciños, é moi alta. Esta era unha demanda que se viña facendo incluso dende a Acia”.

Javier Castiñeira engadiu que “esta é unha primeira fase e trataremos de estendelo ao resto do concello. Estamos a falar dunha subvención da Xunta de Galicia do 75 por cento do investimento, que é dun total de 34.000 euros, e o outro 25 por cento pono o Concello. Aparte dos cubrecolectores de madeira a Xunta tamén subvenciona a contratación de varios peóns medioambientais para a axudar a rozar e a ter en mellor estado as áreas recreativas. Polo tanto hai que agradecer á Xunta de Galicia os seus investimentos no noso concello, que e neste caso son importantes para o medio ambiente e tamén para a imaxe do municipio e para o turismo”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz