29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

30.07.2015

O alcalde de Foz critica á oposición por non apoiar a delegación do servizo de recadación dalgúns impostos municipais á Deputación no pleno celebrado onte.

Javier Castiñeira asegura que o bloqueo desta medida prexudica á economía local.

Recomendar Imprimir Atrás

3.4/5 [118 Voto/s]

Foz, 30 de xullo de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, valorou hoxe o pleno da corporación municipal celebrado onte e criticou á oposición por non apoiar a delegación na Deputación de Lugo da recadación de impostos municipais, como teñen moitos concellos. Para Castiñeira, a actitude dos grupos da oposición responde a un bloqueo que prexudica á economía do Concello focense.

“No goberno municipal estamos bastante contrariados, porque volvemos ver sentimentos que vivimos no pasado, de bloqueo e de deixar encima da mesa asuntos importantes para a economía local. Á oposición non lle interese que a economía local vaia ben a pesar do seu bo estado.  O asunto mais importante do pleno no día de onte, a delegación da recadación á Deputación, como teñen a maior parte dos concellos,  xa se deixara na anterior lexislatura enriba da mesa, e estes grupos, tanto Foz Plataforma de Futuro, que é a novidade este ano, como o PSOE, no que aínda se mantén a sombra do señor Cancio, volven deixar encima da mesa un asunto tan importante. Traería moitos beneficios para economía local, xa que arranxaría  unha circunstancia percibida polo servizo de Intervención:  non se está facendo ben a recadación pola vía executiva e é un servizo que o interventor recomenda que se delegue a Deputación. O único problema era que se ía facer co persoal municipal que se ocupa desta labor, pero está resolto xa non ía ter ningún tipo de problema para readaptarse noutras áreas onde o necesitamos; agora o problema é que queren un informe técnico máis profundo e necesitan máis datos”, explicou o rexedor municipal.

Javier Castiñeira asegurou que a negativa da oposición a aprobar a delegación na Deputación beneficia aos que non pagan os tributos que deberan e que os argumentos de máis información por parte da oposición obedecen a un intento de dificultar a adopción dunha medida boa para a municipio: “creo que son desculpas baratas para seguir bloqueando un asunto que non ten moito máis xogo político que o de tratar de entorpecer que o Concello siga mellorando a súa economía municipal, como a mellorou estes últimos 4 anos, e entorpecer para que os que non pagan sigan tendo privilexios. Entendo que é o que quere a oposición porque o que non quere é resolver o problema que levamos intentado solucionar 4 anos. De feito, algún dos partidos levaba no seu propio programa electoral a mellora no servizo de recadación para que o 100 % dos tributos se recaden por vía voluntaria ou por vía executiva, como pode ser o PSOE, que,  incumprindo o seu programa electoral, deixou encima da mesa un asunto que estaba practicamente resolto”.

Con todo, o alcalde confía en poder aprobar a delegación no próximo pleno: “esperemos que co informe no próximo pleno non teñan moito máis que dicir e aproben un servizo que é totalmente necesario para o Concello”, asegurou.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz