18 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

23.07.2015

A corporación municipal de Foz reuniuse co equipo redactor do PXOM e con técnicos do concello.

O alcalde de Foz, Javier Castiñeira, espera que a aprobación provisional do documento, que está moi avanzado, se faga nun prazo de dous meses.

Recomendar Imprimir Atrás

3.4/5 [62 Voto/s]

Foz, 23 de xullo de 2015.- Os concelleiros da nova corporación de Foz reuníronse onte co equipo redactor do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e con técnicos municipais para coñecer o estado da tramitación do documento. Así o explicou o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, que definiu o encontro de “moi produtivo” e salientou a “boa disposición” dos  grupos para sacalo adiante.

Javier Castiñeira amosouse convencido de que os trámites que quedan se completarán nas próximas semanas para que se poda levar a pleno do documento no prazo de dous meses. “Era unha toma de contacto dos novos concelleiros co Plan Xeral. Está, segundo nos din os propios redactores, moi avanzado e practicamente listo para a aprobación provisional . Está pendente de catro informes: de Carreteras del Estado, de Estradas da Xunta de Galicia, da Deputación e de Portos de Galicia. Imos intentar nestes dous próximos meses ter eses informes, que son preceptivos para poder levar a aprobación provisional ao pleno da corporación. Tamén se lles comentou que temos recibido o informe de avaliación ambiental da Xunta de Galicia”, relatou o rexedor.

A corporación municipal puido coñecer na reunión os pormenores da trámitación dende que esta se iniciara hai oito anos. “O Plan Xeral de Foz está máis avanzado do que estivo nunca. Hai unha moi boa oportunidade para aprobar un Plan e hai que facelo probablemente no primeiro semestre do ano que vén, antes de que entre en vigor a nova modificación da Lei do Solo de Galicia. Explicáronse os antecedentes de como se iniciou no ano 2007 con este equipo redactor a tramitación do Plan, como se retomou no 2011 por este equipo de goberno, a situación na que estamos e o que nos queda. Vin boa vontade por parte dos grupos, todo o mundo recoñece que a situación actual do urbanismo de Foz non pode seguir así, que, como fixeron concellos como Ribadeo, Burela, Xove e outros que teñen moi avanzado o seu PXOM, hai que sacalo adiante porque é un documento fundamental para o futuro do noso pobo. Niso estamos de acordo todos”, destacou Castiñeira.  

O alcalde chamou ao acordo entre os grupos e a confiar nos responsables da redacción do PXOM: “hai que ter confianza no equipo redactor, que coñece perfectamente o concello de Foz. Eu vin boa disposición, démonos un prazo de dous meses para resolver eses catro informes que quedan pendentes e, a partir de aí, con toda a documentación, trataremos de facer o pleno de aprobación provisional, resolver as alegacións nese mesmo pleno e a partir de aí envialo a Urbanismo para que a Xunta dea xa a aprobación definitiva. Esas son as bases desta reunión, moi produtiva e interesante, sobre todo para dar a coñecer á nova corporación o expediente do Plan Xeral”, indicou.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz