22 de Xullo de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

17.07.2015

O alcalde de Foz agradece a participación de veciños e de visitantes nas festas do Carme e destaca o traballo dos organizadores e colaboradores.

Recomendar Imprimir Atrás

3.5/5 [158 Voto/s]

Foz, 17 de xullo de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, fixo balance esta mañá das festas do Carme que acaban de finalizar. Celebradas entre o 13 e o 16 de xullo, o rexedor destacou delas a ampla participación de veciños de visitantes, a organización “magnífica” da comisión de festas da asociación Sempre Foz e a emotividade dunhas datas tan sentidas na vila mariñeira.

“Facemos unha valoración moi positiva das Festas do Carme de Foz. Foi unha semana moi intensa que comezou o pasado venres con distintos actos culturais e de ocio que tiveron un éxito marabilloso, con moita participación e moita xente nos distintos actos da fin de semana”, declarou Javier Castiñeira.  Ao aperitivo da fin de semana seguiulle o éxito dos días grandes. “A culminación foi o mércores e o día de onte, estamos moi orgullosos de toda a xente que participou na organización”, dixo o rexedor.

Castiñeira tivo un recordo especial para os que participan máis activamente na preparación do Carme. “Agradecemos á comisión de festas Sempre Foz o seu magnífico traballo de organización e financiamento destas festas, a colaboración da Agrupación Virxe do Carme de Foz e da Confraría, que se encargou das alfombras florais e da procesión; á parroquia, ao cura polo seu respecto e pola emotividade desta festa nos actos litúrxicos e aos grupos musicais e folclóricos, porque sen eles sería imposible que as festas tivesen o éxito que tiveron. Tamén agradecemos o seu traballo aos compañeiros municipais: ese esforzo na organización e na limpeza das rúas inmediatamente despois da procesión dá unha imaxe moi positiva. Grazas tamén á Policía Local e a Protección Civil e aos veciños de Foz e á xente que nos visita, que participan nas festas patronais coa mesma emotividade dun veciño. Á organización hai que darlle un sobresaínte”.

O alcalde rematou invitando “a seguir gozando de Foz esta semana, que temos as festas de San Martiño e Cangas e festivais como Aires do Masma, o aniversario da Coral ou a programación de Sons na Rúa, entre outros moitos eventos”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz