23 de Xullo de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

09.07.2015

O alcalde de Foz está contrariado porque a oposición non aprobou unha dedicación para a concelleira de Cultura.

Na sesión fo aprobada a dedicación exclusiva do alcalde e rexeitada a da concelleira de Cultura.

Javier Castiñeira señalou que quedo demostrada a incoherencia de partidos como o PSOE e como o BNG, que gobernan noutros Concellos da Mariña e que contan con máis dedicacións que o de Foz.

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [81 Voto/s]

Foz, 9 de xullo de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, está contrariado porque no pleno da corporación municipal celebrado onte a oposición non permitiu a aprobación dunha dedicación para a concelleira de Cultura, nin total nin sequera parcial. Non obstante, o rexedor destaca o bo talante que houbo por parte de todos os grupos políticos tanto na sesión plenaria como na reunión da xunta de portavoces.

Javier Castiñeira fixo hoxe unha valoración do pleno “regular, porque gran parte das propostas que presentaba o goberno local do Partido Popular, que viñan xa traballadas dunha xunta de portavoces previa celebrada a semana pasada, foron aceptadas. Pero na máis importante, que era a das dedicacións exclusivas que propoñía o goberno do PP, aprobouse unicamente a do alcalde e non a da concelleira de Cultura, para a que se propoñía unha dedicación por un importe anual de 27.000 euros brutos. Intentouse tamén que esa dedicación fose parcial en vez de total, pero tampouco aceptaron a media dedicación, de 15.000 euros brutos. Por este motivo estou un pouco contrariado, porque vese que noutros concellos con menor entidade que Foz, con menos poboación e actividade, gobernados polo Partido Socialista e polo BNG, non teñen esta mesma opinión e hai máis dedicacións exclusivas que en Foz e máis concelleiros traballando. Chámannos bastante a atención estas incoherencias, sobre todo porque o Partido Popular ofreceulles aos outros grupos entrar no goberno e esa dedicación se levaban a Concellería de Cultura, pero non quixeron”.

O alcalde engadiu que “a pesar do bo clima dos portavoces, que eu creo que teñen unha intención boa, mellor que a que tiñan os do anterior mandato, considero que lles falta peso político nas asembleas e comités dos seus propios partidos e non son capaces de convencer aos seus compañeiros de partido de que os intereses de Foz deben primar moito por enriba dos intereses de partido. E neste caso eu creo que o que lles interesa aos partidos é que o goberno de Foz teña pouca forza, poucas dedicacións e os máximos problemas. Pero, dende logo, vamos seguir para adiante, dedicándonos o máximo posible ao Concello; preferíamos que fora noutras condicións, incluso con socios de goberno que atenderan as súas concellerías, o que non pode ser, pero vamos poñer a máxima ilusión, traballo e esforzo para sacar adiante este goberno. E espero que noutros asuntos de importancia para os grupos políticos da oposición primen os intereses xerais e non os dos seus compañeiros nas asembleas ou os intereses partidistas”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz