29 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

07.07.2015

O alcalde de Foz destaca a importancia como atractivo turístico do Camiño Natural da Ruta do Cantábrico, que foi visitado hoxe por responsables do Ministerio de Medio Ambiente.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [77 Voto/s]

Foz, 7 de xullo de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, destaca a importancia como atractivo turístico para o municipio e para o resto da zona do Camiño Natural da Ruta do Cantábrico, que foi visitado hoxe por responsables do Ministerio de Medio Ambiente.

“Queremos agradecer aos representantes do Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente a súa presenza hoxe aquí para inaugurar este paseo do Cantábrico en Foz, que é un punto céntrico da Mariña e tamén onde conflúen os dous paseos que este Ministerio está a financiar: o que se presenta hoxe, que é o paseo do Cantábrico, por toda a costa dende Ribadeo ata a Estaca de Bares; e, por outro lado, o paseo de San Rosendo, que nace en Foz e pasa por San Martiño, continúa por Mondoñedo ata chegar a Celanova, nesa unión que hai entre os puntos neurálxicos onde estivo esta personaxe tan importante como é San Rosendo. Estamos a falar duns paseos cun atractivo turístico enorme. Estamos a ver que puntos neurálxicos no turismo de Galicia, como poden ser As Catedrais, a Estaca de Bares, a ría de Viveiro, a ría de Ribadeo ou as praias de Barreiros, de Foz, de San Cibrao e de Xove van estar unidos por un camiño natural con total protección do tráfico rodado”, explicou o rexedor municipal focense.

Javier Castiñeira destacou que “é un recurso máis para A Mariña lucense que queremos aproveitar todos os concellos. É obvio que A Mariña de Lugo está de moda e esta aposta por parte do Ministerio de Medio Ambiente e Agricultura e tamén as da Xunta de Galicia, concretamente de Turismo de Galicia, por promover A Mariña están a funcionar. E tamén infraestruturas importantes, como a autovía A-8, están a traer moitos turistas ao centro da Mariñal lucense. Por este motivo estamos contentos e xa se está notando nos primeiros días do verán”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz