22 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

06.07.2015

Comezou hoxe na aula de formación do centro social focense un curso de marisqueo a pé para promover esta actividade na ría de Foz e no conxunto da Mariña.

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [83 Voto/s]

Foz, 6 de xullo de 2015.- A aula de formación do centro social focense acolle dende esta mañá un curso de marisqueo a pé para promover esta actividade na ría de Foz e no conxunto de Mariña. Na presentación participaron o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e o coordinador da Consellería do Mar nesta zona, Pablo Fernández Asensio.

O rexedor municipal explicou que “no día de hoxe tanto responsables do Concello de Foz, solicitante deste curso de marisqueo a pé, como representantes da Xunta de Galicia, concretamente o coordinador da Consellería do Mar, Pablo Fernández Asensio, que xunto comigo, como alcalde de Foz, presentamos este curso importante. O obxectivo é promover esta actividade económica na Mariña e tratar de facelo dende a ría de Foz, que ten moitos recursos marisqueiros e que no seu momento deu moito marisco. Entendemos que o inicio debe ir por aquí, tratando de que haxa xente que se dedique profesionalmente ao marisqueo, que é un profesión perfectamente sostible e viable. Pero primeiro pasa pola formación e despois porque a propia Xunta de Galicia saque as prazas para poder mariscar. E para iso o curso obrigatorio é este, no que están apuntadas 14 persoas e vaise dar dende hoxe ata o 22 deste mes de xullo no centro social de Foz, nas instalacións da aula de formación, que está na zona portuaria”.

Javier Castiñeira considera que levar a cabo este curso “é importantísimo, porque é o comezo: habendo profesionais que traballen no marisqueo isto irá a máis. Esta era unha das promesas feitas para tratar de dinamizar este sector e facelo dende Foz. Esperemos que durante uns anos nos acordemos de que esta promoción foi a que abriu esta vía para que haxa máis xente que se dedique ao marisqueo e que supoña un recurso económico moito máis aproveitado na Mariña, como é a explotación do marisqueo”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz