24 de Xuño de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

11.06.2015

Empezaron hoxe en Foz as obras para construír o carril bici da Rapadoira a Llas e a segunda fase das beirarrúas en Cangas.

O alcalde destaca que son dúas infraestruturas importantes.

Recomendar Imprimir Atrás

3.0/5 [98 Voto/s]

Foz, 11 de maio de 2015.- Hoxe empezaron en Foz as obras para construír o carril bici da Rapadoira a Llas e tamén a segunda fase das beirarrúas na parroquia de Cangas. Anunciouno o alcalde en funcións, Javier Jorge Castiñeira, quen destaca que se trata de dúas infraestruturas importantes.

O rexedor municipal explicou que “deron comezo no día de hoxe dúas obras importantes de infraestruturas para o noso concello. Concretamente son as da segunda fase das beirarrúas de Cangas, para as que onte xa se colocou a sinalización e a partir de agora xa comezará a obra propiamente dita, que terá un período de construción ata o 31 de agosto, que é o prazo máximo que ten o contratista, que neste caso é Isidro Otero, para entregar esa obra. É financiada totalmente pola Consellería de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia, con cerca de 200.000 euros, e que continúa a primeira fase, que se fixo no 2013. Era unha petición que tiñan os veciños e un compromiso deste goberno, que é un máis cumprido”.

Javier Castiñeira engadiu que “tamén é un compromiso máis cumprido o inicio das obras do carril bici da Rapadoira a Llas, unha obra importantísima que estaba aparcada dende hai moitos anos e que o Ministerio de Medio Ambiente, a través da Dirección General de Costas, tivo a ben acoller a iniciativa deste alcalde de iniciar esa primeira fase dende Llas ata A Rapadoira. No día de hoxe comezan eses traballos, que realizará a empresa pública Tragsa cun orzamento de máis de 350.000 euros. É unha moi boa obra para o núcleo urbano de Foz, un servizo máis para todos os rapaces e aquelas outras persoas que queiran dispoñer dun carril bici, que non hai neste concello”.

O alcalde rematou comentando que “o compromiso deste goberno municipal en funcións foi traballar ata o último día do mandato e así o estamos a facer; proba disto é o inicio destas dúas novas obras. Esperemos que este goberno poida seguir cumprindo durante estes próximos 4 anos todas as súas propostas, posto que é o seu compromiso cos veciños durante estas pasadas eleccións; e os cidadáns tamén cumpriron con nós, pois o Partido Popular é a forza máis votada, incrementou a diferenza co segundo partido, aumentou en porcentaxe de voto e eu entendo que debe ser o partido que goberne nestes próximos catro anos o Concello de Foz”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz