28 de Marzo de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

09.06.2015

O goberno municipal de Foz pide ao Sergas que coordine cos profesionais do centro de saúde a prestación do servizo de urxencias polas tardes.

O alcalde considera que se están derivando pacientes ao Pac de Burela por malentendidos.

Recomendar Imprimir Atrás

3.1/5 [115 Voto/s]

Foz, 9 de xuño de 2015.- O goberno municipal de Foz en funcións pide ao Sergas que coordine cos profesionais do centro de saúde local a prestación do servizo de urxencias polas tardes. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, considera que nos últimos días estanse derivando pacientes ao PAC de Burela debido a malentendidos.

“Desde o goberno en funcións do Concello de Foz queremos pedirlle á Consellería de Sanidade, e neste caso á xerencia da EOXI de Lugo, que clarifique o antes posible e coordine cos profesionais do centro de saúde de Foz que están traballando na quenda de tarde como se van prestar os servizos de urxencia xunto coa atención aos pacientes de cupo. Vistas as inquedanzas dos veciños e dalgún grupo político entendo que hai unha falta de información e comunicación importante sobre este servizo e hai pacientes que se queixan porque se están achegando ao centro de saúde e nin os mesmos facultativos saben que é o que quere a Consellería que fagan”, explicou hoxe o rexedor municipal.

Javier Castiñeira engadiu que “polo tanto pedímoslle á Consellería que conserve o servizo de urxencias, que o fagan cos médicos de cupo ou como vexan, pero queremos seguir tendo o servizo de urxencias polas tardes, igual que se atenden polas mañás, e que non se deriven tantos casos ao PAC de Burela, como constatamos durante esta semana. Cremos que isto está ocorrendo por unha falta de información”.

O alcalde agradece “que se fixara o médico da tarde no centro de saúde de Foz para atender as demandas de cupo, que son moita xente, pero evidentemente estamos preocupados polo servizo de urxencias, posto que estamos tendo queixas de xente que está sendo derivada. Polo tanto pídolle ao Sergas e á xerencia que teña inmediatamente unha reunión cos responsables que coordinan este servizo e que se siga prestando exactamente igual que nestes últimos anos. Como actual alcalde en funcións ofrézome a traballar en coordinación con eles para comunicar á xente a nova situación, que nun principio tal e como se me informou inicialmente non ía ter ningún tipo de problema para a atención das urxencias. Pero, polas informacións que estamos tendo agora, é verdade que aumentou o número de veciños que están sendo derivados ao PAC de Burela, que non é o que nós tíñamos informado. Entendo que é un problema única e exclusivamente de organización, de coordinación e sobre todo de comunicacións internas do Sergas”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz