21 de Maio de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

08.06.2015

O alcalde de Foz recolleu hoxe en Riveira 6 bandeiras azuis para as praias e unha para o sendeiro da Rapadoira a Llas.

Javier Castiñeira espera que no 2016 Arealonga recupere este distintivo.

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [44 Voto/s]

Foz, 8 de xuño de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, recolleu hoxe en Riveira seis bandeiras azuis para as praias e unha para o sendeiro da Rapadoira a Llas. O rexedor municipal espera que no vindeiro ano Arealonga recupere este distintivo, que non logrou nesta ocasión polas obras nese areal.

Javier Castiñeira explicou que “un ano máis o Concello de Foz estivo hoxe na entrega de bandeiras azuis de toda Galicia. Neste caso foron seis para diferentes praias do municipio e unha para o sendeiro Rapadoira-Llas. Seguimos sendo un dos concellos de Galicia con máis distintivos de bandeiras azuis. Isto quere dicir que se está traballando ben nos nosos areais e o concello de Foz segue sendo un referente turístico na Mariña. Proba disto é que no día de hoxe estamos entre os concellos con máis bandeiras azuis de toda Galicia”.

O alcalde engadiu que “o Concello de Foz ten que seguir nesa liña e tratar de recuperar esa bandeira azul que se perdeu na praia de Arealonga polas obras na escollera, que aínda se acabaron de realizar hai unhas semanas. E polo tanto esperemos que para o ano que ven non sexan 7 os distintivos senón 8 e así esteamos no máximo que tivo ata agora o concello de Foz. Polo tanto son moi boas novas e nós seguimos traballando para a entrada nesta tempada estival”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz