18 de Abril de 2024

En vídeoEn vídeo

.

Novas

21.05.2015

O alcalde e o concelleiro de Cultura de Foz reuníronse cos representantes dos 4 grupos teatrais do municipio para facer un recoñecemento ao seu traballo.

Recomendar Imprimir Atrás

3.4/5 [120 Voto/s]

Foz, 21 de maio de 2015.- O alcalde e o concelleiro de Cultura focenses, Javier Jorge Castiñeira e Ánxel Paleo Soto, reuníronse esta mañá cos representantes dos catro grupos teatrais que hai no municipio para facer un recoñecemento ao seu traballo.

O rexedor municipal explicou que “dende o Concello de Foz no día de hoxe quixemos dar o noso máximo agradecemento aos catro grupos de teatro que hai no noso concello: A Adala, de Fazouro; O Batán, de Cangas; Axóuxeres, de Vilaronte; e Pico do Castro, de Foz. Estes catro grupos son os que integran o programa de teatro nas parroquias que durante o ano pasado e este tamén estase a facer por todas as parroquias do concello e que esta funcionando moi ben”.

Javier Castiñeira engadiu que “estamos moi agradecidos e moi orgullosos do traballo que fan estes grupos de teatro. Eu creo que non existe ningún outro concello da envergadura do de Foz que teña catro grupos teatrais. E iso mostra a implicación que hai no mundo da cultura, igual que o ocorre coa música, xa que tamén temos moitos grupos. Este tecido cultural é o que está facendo que Foz sexa un dos concellos con máis actividades culturais de toda A Mariña”.

O alcalde rematou comentando que “polo tanto facemos público o agradecemento do Concello de Foz a estes catro grupos por seguir colaborando de forma altruísta para levar a cabo o programa de teatro nas parroquias, que tan ben está funcionando”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2024 PP de Foz