20 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

21.05.2015

O alcalde de Foz despediu hoxe diante da Casa do concello ao veciño Anxo Castiñeira antes de que iniciase o seu reto de facer en moto o percorrido dende a vila focense a Hungría sen parar.

Recomendar Imprimir Atrás

3.3/5 [104 Voto/s]

Foz, 21 de maio de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, despediu hoxe diante da Casa do Concello ao veciño Anxo Castiñeira antes de que iniciase o seu reto de facer en moto o percorrido dende a vila focense a Hungría sen parar.

“Desde o Concello de Foz queremos desexarche a máxima sorte a Anxo Castiñeira no seu reto motociclístico de chegar de Foz a Hungría nunha travesía sen parada. É un reto bonito e moi interesante, que vai requirir moitísimo esforzo pola súa parte. Hoxe estivemos con el na súa despedida con todos os compañeiros motoristas que o apoian. Queremos desexarlle unha feliz viaxe e estamos moi orgullosos deste reto e esperamos que todo saia ben e que volva para a casa despois de ter cumprido ese reto tan importante”, manifestou o rexedor municipal.

Ademais o alcalde focense destacou que “vai facer de embaixador do noso concello na localidade de chegada, coa que estamos en contacto dende o Concello de Foz. Queremos agradecer ás autoridades húngaras que reciban alí ao noso veciño e que teñan en conta o esforzo que vai supoñer para el estar máis de 20 horas seguidas encima da moto para facer un traxecto sen parada dende Foz a Hungría”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz