16 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

21.05.2015

O Partido Popular de Foz acusa ao BNG de facer electoralismo coa sanidade usando un escrito falso co logotipo do Sergas que estivo colocado esta mañá no centro de saúde e que despois foi retirado.

Recomendar Imprimir Atrás

3.5/5 [73 Voto/s]

Foz, 21 de maio de 2015.- O Partido Popular de Foz acusa ao BNG de facer electoralismo coa sanidade utilizando un escrito falso co logotipo do Sergas que estivo colocado esta mañá no centro de saúde e que despois foi retirado. O PP tranquiliza aos veciños porque o centro de saúde focense ten dous médicos polas tardes para atender os seus cupos e tamén as urxencias, segundo explicou o candidato á reelección para a alcaldía, Javier Jorge Castiñera.

“Ao Partido Popular de Foz parécenos verdadeiramente vergonzosos os métodos do BNG, usando o medo e a mentira, que volven novamente ao Bloque de Foz. Parece mentira que unha candidatura renovada, como parecía, volva usar os métodos do BNG de hai 25 anos. Refírome a un comunicado que apareceu no centro de saúde no que se usou o membrete do Sergas e o selo da Área Integrada de Lugo. É vergonzoso porque iso é totalmente falso e os señores do BNG foron alí facer a foto con ese escrito”, manifestou Javier Castiñeira.

E o Partido Popular pregunta “quen autorizou poñer ese comunicado na porta do centro de saúde, porque o Sergas non foi e tamén sabemos que inmediatamente ordenouse a retirada dese cartel. ¿Foi o BNG ou alguén afín a esa formación política que está dentro do centro de saúde de Foz? Están intentando outra vez usar a estratexia do medo e da mentira coa sanidade de Foz”.

Javier Castiñeira rematou dicíndolles aos veciños “que estean completamente tranquilos, pois o único que se fixo foi fixar esa praza médica que o bipartito deixou de forma provisional, polo que non desaparece ningún médico no centro de saúde de Foz, senón que é ao contrario: fíxase esa praza e ademais dótase con cupo esa praza que antes tiña única e exclusivamente as urxencias. Calquera urxencia pola tarde será atendida no centro de saúde, pois entendo que os médicos que se neguen a esa circunstancia terán que dar explicacións a propia xerencia do Sergas”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz