19 de Setembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

21.05.2015

Beatriz Mato e José Manuel Barreiro apoiaron a Javier Castiñeira para a súa reelección como alcalde de Foz polo Partido Popular.

Recomendar Imprimir Atrás

3.2/5 [106 Voto/s]

Foz, 21 de maio de 2015.- Beatriz Mato e José Manuel Barreiro participaron no mitin central da campaña dos populares focenses para apoiar a reelección de Javier Castiñeira como alcalde de Foz.

Castiñeira manifestou que “a valoración do mitin central da campaña do Partido Popular de Foz, celebrado no hotel Leytón e coa participación de José Manuel Barreiro e Beatriz Mato, é moi boa, porque houbo moita asistencia e a xente estaba contenta e entusiasmada e sobre todo moi agradecida á conselleira Beatriz Mato. Recordamos que o seu departamento da Xunta de Galicia está investindo máis de 9 millóns de euros no noso concello; entre eses investimentos podemos falar da obra máis importante que se fai en Foz nestes últimos anos, como é a construción do xeriátrico, que leva un ritmo de obra moi alto e probablemente a finais deste ano 2015 estea rematada".

O candidato á reelección como alcalde de Foz engadiu que “con esta conselleira incrementáronse as horas de atención á dependencia, de 1.200 horas ao mes pasamos a 2.800, ou sexa de cubrir a atención a 26 dependentes a 60. Con esta conselleira déronse subvencións á fundación do asilo de anciáns por máis de 100.000 euros para que puidera manter a súa actividade durante os últimos. Con esta Consellería houbo máis de tres obradoiros de emprego no noso concello nestes últimos 4 anos; e digo máis porque hai outro en camiño que xa está concedido. Tamén foron moitos os cursos de formación que se fixeron no noso concello, programas de emprego que viñeron para aquí grazas á boa relación entre a Xunta de Galicia e o Concello de Foz, algo que non existía antes do ano 2011. Dende a Xunta saben que Foz ten unhas necesidades e así se fixeron ver e foron atendidas. E nós, como somos agradecidos, así llo trasladamos á conselleira Beatriz Mato e tamén ao presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro.”

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz