18 de Outubro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

19.05.2015

O alcalde de Foz desminte que o Sergas vaia suprimir o servizo de urxencias polas tardes no centro de saúde.

Javier Castiñeira aclara que se vai mellorar porque esa praza médica converterase en fixa.

Recomendar Imprimir Atrás

3.4/5 [72 Voto/s]

Foz, 19 de maio de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, desminte que o Sergas vaia suprimir o servizo de urxencias polas tardes no centro de saúde local e explica que o que se vai facer é mellorar, porque esa praza médica converterase en fixa.

“Ante a información electoralista relativa ao centro de saúde de Foz sobre a supresión das urxencias, teño que desmentila totalmente. O único que se fai con esa praza médica é precisamente fixala, porque ata agora estivo sempre de forma provisional; de feito estívose cubrindo con contratos de meses de duración con substitutos. E agora o que fai o Sergas é fixar esa praza, porque os técnicos din que non pode seguir de forma provisional, xa que leva así moitos anos. Polo tanto esa praza será xa fixa no centro de saúde de Foz para cubrir as urxencias e tamén un cupo de tarde, porque tamén hai demanda”, explicou o rexedor municipal.

Javier Castiñeira engadiu que “polo tanto a xente pode estar totalmente tranquila, xa que estes cambios son para mellorar, pois non vai haber ningunha perda de servizos. Vanse cubrir exactamente igual as urxencias e aínda por enriba esa praza vai quedar fixa na estrutura do Sergas, e non provisional, como estaba ata agora. En vez de cubrirse con substitucións farase cunha persoa interina”.

O alcalde rematou comentando que “a aqueles que queren aproveitar electoralmente as mentiras e os enganos coa sanidade do noso concello, teño que dicirlles que este non é o momento porque Foz segue tendo exactamente os mesmos servizos. E aínda será mellor, porque vamos ter máis cupo de tarde, que é unha demanda importante dos veciños, e ademais esa praza médica vai ser fixa para sempre e non provisional, como a tiñan ata agora”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz