20 de Agosto de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

15.05.2015

Representantes de Gas Natural Galicia presentaron ao alcalde de Foz o proxecto para dar servizo desta enerxía dende o gasoducto a vivendas e empresas focenses a partir do próximo ano 2016.

Recomendar Imprimir Atrás

3.5/5 [51 Voto/s]

Foz, 15 de maio de 2015.- Representantes da empresa Gas Natural Galicia visitaron Foz e reuníronse co alcalde, Javier Jorge Castiñeira, para presentarlle o proxecto encamiñado a dar servizo desta enerxía dende o gasoduto a vivendas e empresas focenses a partir do próximo ano 2016.

O rexedor municipal explicou que mantivo unha xuntanza “con representantes técnicos de Gas Natural Galicia que viñeron a presentar o proxecto de unión do gasoduto con Foz para dar servizo a todas as vivendas da vila. Unha vez que o gasoduto da Mariña xa está operativo agora o obxectivo de Gas Natural é dar servizo a diferentes concellos. E aínda que Foz xa ten o gas propano canalizado, que se almacena no Pico do Castro, eles ven interesante implantalo aquí. Isto para todos os veciños de Foz e para empresas é interesante porque supón ter unha oferta máis de enerxía que seguramente mellore o prezo que actualmente se está ofrecendo. A conexión farase en Xinzo, na estación onde xa teñen preparado para iso, e virá por San Blas para entrar na vila”.

Javier Castiñeira engadiu que “son boas novas e moi probablemente despois do verán estean xa tramitados todos os permisos e licencias para poder iniciar a final de ano esa obra de montaxe da conexión e tamén nas rúas de Foz. E a partir do ano 2016 moi probablemente, segundo nos informan, haxa xa gas natural canalizado dende o gasoduto na nosa vila. Isto é unha boa nova para competitividade das nosas empresas e para a factura enerxética dos nosos domicilios. Polo tanto estou contento por esta boa xestión do goberno municipal”.
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz