18 de Decembro de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

13.05.2015

O Concello de Foz está asfaltando o viario de acceso á Frouxeira, que é un punto turístico importante.

Para esta obra conta con axuda económica da Xunta de Galicia.

Recomendar Imprimir Atrás

3.5/5 [33 Voto/s]

Foz, 13 de maio de 2015.- O Concello de Foz está asfaltando o viario de acceso á Frouxeira, que é un punto turístico importante no municipio. Para esta obra conta con axuda económica da Xunta de Galicia.

O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, explicou hoxe “a todos os veciños de Santa Cilla, do resto do municipio de Foz e tamén aos turistas que se está a asfaltar o acceso á Frouxeira, un lugar moi visitado, un punto turístico importante no noso concello. Os fondos cos que se está mellorando esta estrada son do plan de infraestruturas e arranxo de camiños da Xunta de Galicia e tamén fondos propios. Xa fora contratada a finais do ano pasado e agora, chegando a época estival, dende logo tiña que estar rematada esta obra”.

O rexedor municipal engadiu que “estamos contentos porque é un punto importante, a onde se achegan moitos turistas, pois é o lugar de remate da ruta da Frouxeira, que é unha das máis importantes do noso concello. Había moitas queixas dos veciños porque se atopaba nun mal estado, pois fixéronse varias cortas de madeira nesta zona. Con esta reparación esperamos que este acceso tan importante á Frouxeira quede en bo estado durante uns anos. Era unha obra moi necesaria e agradecemos á Xunta de Galicia que a incluíra no seu plan de arranxo de obras en camiños do concello de Foz”.

Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz