23 de Xullo de 2018

En vídeoEn vídeo

.

Novas

12.05.2015

A pel de cordeiro do señor Cancio.

Recomendar Imprimir Atrás

3.7/5 [42 Voto/s]

O Partido Popular de Foz quere denunciar a actitude do candidato do PSOE, Xaime Cancio, no debate electoral que tivo lugar na Casa da Cultura o pasado venres.

O señor Cancio non soubo aceptar o ridículo no que o puxo o candidato do PP e actual alcalde, Javier Castiñeira, cando nun momento do debate ensinou o carné e a folla de afiliación ao PP do señor Cancio. Na súa intervención Castiñeira dixo que o problema non era a militancia no PP de Xaime Cancio, porque todos sabemos ou nos podemos esperar a muda de chaqueta que fixo o señor Cancio durante toda a súa traxectoria política. O problema é que o señor Cancio negou estes feitos de maneira reiterada e tratou de mentiroso ao señor alcalde incluso nos plenos da Corporación, e hai están actas que o corroboran. Evidentemente quedou completamente en ridículo cando o alcalde sacou unha copia ampliada da folla de afiliación ao Partido Popular firmada por Cancio e outra co seu carné do PP.

Unha vez que o auditorio foi testemuña da mentira de Xaime Cancio, este señor perdeu os nervios chegando incluso a golpear o brazo do alcalde, sacando así o carácter agresivo que Cancio esconde debaixo da pel de cordeiro.
 
Ao final, hai que darlle a razón ao señor Rivera, o que fora socio de Cancio durante 16 anos no goberno municipal socialista, cando no seu libro fala dese carácter oculto do señor Cancio. Detrás desa persoa plácida e tranquila que amosa a diario quedou patente o que se oculta: unha persoa fría e vingativa, tal e como se puido escoitar e ver o pasado venres no debate da Casa da Cultura....

Nótase tamén que Xaime Cancio está moi nervioso e que se xoga todo nestas eleccións. Cando dixo  aos catro ventos que se xubilaría no PSOE, entendemos que desta vez pode que acerte, porque cando vexa os resultados do vindeiro 24 de maio e vexa que os focenses lle van a dar o que merece, non lle vai quedar máis remedio que xubilarse politicamente e dedicarse ao que mellor se lle da: facer viaxes e demais.

Tamén nos chama a atención o señor Sixto, portavoz de Foz Plataforma de Futuro, ex compañeiro de Xaime Cancio e secretario xeral do PSOE focense durante varios anos. O señor Sixto está demostrando a mesma actitude e maneiras que amosou o señor Cancio cando se embarcou en Unifoz; todo se lle volve criticar ao equipo de goberno aparcando as discrepancias co señor Cancio e disimulando bastante o medo a posibles enfrontamentos.

Pola súa parte, o alcalde responde e respondeu perfectamente a todas as críticas da oposición mantendo sempre unha actitude correcta e antepoñendo os intereses do Concello aos intereses personalistas e partidistas da oposición, tal e como se merecen os veciños e veciñas do pobo de Foz.

Juan Rivas
Secretario Xeral do PP de Foz
Engadir a Twitter Engadir a Facebook

© 2018 PP de Foz